O Óquei Clube de Barcelos é un club portugués de hóckey a patíns da cidade de Barcelos. É un dos equipos de hóckey a patíns máis famosos de Portugal e Europa. É coñecido coma "Óquei de Barcelos", "OCB", "OC Barcelos", ou "Barcelos".

O.C. Barcelos
CidadeBarcelos, Portugal Portugal
Historia1946
Fundado1946
PavillónMunicipal de Barcelos
PresidentePortugal Francisco Dias
AdestradorPortugal Paulo Freitas
CompeticiónLiga portuguesa
Títulos
Copas de Europa1 (1990-91)
Recopas de Europa1 (1992-93)
Copa CERS3 (1994-95, 2015-16, 2016-17)
Supercopa de Europa1 (1990-91)
Ligas portuguesas3 (1992-93, 1995-96, 2000-01)
Copas de Portugal4 (1991-92, 1992-93, 2002-03, 2003/-04)
Supercopas de Portugal4 (1993, 1998, 2002-03, 2003-04)
Copa Intercontinental1 (1992)
Cores          Azul e branco
Na rede
http://www.ocb.pt
Sitio web
Sitio web oficial

Fundación editar

A idea de crear un equipo de hóckey a patíns naceu en 1946 por un grupo de mozos en Barcelos. A data oficial da fundación do club é o 1 de xaneiro de 1948, a pesar de que a documentación amosa que o club fóra fundado o 22 de decembro de 1947. Os fundadores do equipo foron Cândido Augusto Sousa Cunha e Simplício Cândido Monteiro de Sousa. O primeiro partido do equipo foi en 1948 ante o Clube dos Ourives, e o OC Barcelos gañou por 5-2. Nos primeiros anos, o hóckey que se xogaba era unha mestura entre o hóckey herba e o hóckey a patíns, porque non empregaban patíns. A partir de 1952 comézase a xogar hóckey a patíns.

Palmarés editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar