Campionato do Mundo de clubs de hóckey a patíns
O Campionato do Mundo de hóckey a patíns é unha competición internacional de hóckey a patíns na que se enfrontan clubs de diferentes continentes nunha sede fixada.
Tipo | competición deportiva |
---|---|
Deporte | hóckey a patíns |
Organizador | CIRH |
Localización e Datas | |
Vixencia | 2006 – |
Iniciouse o ano 2006 en Luanda, Angola, e recupera o formato das 2 primeiras edicións da Copa Intercontinental, unha liguiña entre 12 equipos de África, América e Europa. A segunda edición desta competición disputouse no 2008 na cidade de Reus, con vitoria para o cadro local.
Formato
editarO Campionato do Mundo de Clubs 2006 foi disputado por doce clubs. Os clubs participantes son nomeados polo comité executivo do CIRH:
- O campión de España.
- O campión da Arxentina.
- O campión de Portugal.
- O campión de Italia.
- O campión de Europa.
- O campión de Suramérica.
- O campión de África.
- O campión de Asia, Oceanía e Norteamérica.
- O gañador da Copa CERS.
- Selección por ránking dun equipo suramericano.
- Selección por ránking dun equipo europeo.
- O equipo organizador.
O número de clubs nomeados pasa a seis en 2008. A selección final dos participantes decidiuse nunha asemblea xeral do CIRH.
Os doce pretendentes ao título son repartidos en catro grupos de catro equipos, a selección dos grupos faise tendo en conta aspectos deportivos e económicos. Logo desta primeira fase, unha fase de eliminación directa designa ao campión do mundo de clubs.
Historial
editarEdición | Tempada | Sé | Campin | Subcampon |
---|---|---|---|---|
I | 2006 | Luanda (Angola) | Bassano Hockey 54 | Reus Deportiu |
II | 2008 | Reus (Cataluña) | Reus Deportiu | FC Barcelona |
III | 2010 | Santos (Brasil) [Cómpre referencia] |
Palmarés
editarEquipo | Campionatos gañados |
---|---|
Bassano Hockey 54 | 1 (2006) |
Reus Deportiu | 1 (2008) |
Total | 2 |
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |