Eduard Lamas Alsina

xogador de hóckey a patíns galego

Eduard Lamas Alsina, nado en Barcelona o 16 de decembro de 1990, é un xogador de hóckey a patíns galego que xoga de defensa e medio. Actualmente forma parte do Benfica portugués.

Infotaula de personaEduard Lamas Alsina

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ca) Eduard Lamas i Alsina Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de decembro de 1990 Editar o valor em Wikidata (33 anos)
Súria, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndeportista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor em Wikidata
Número deportivo16 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2008-2010 Club Patín Cerceda
2010-2015 Hockey Club Liceo da Coruña
2015-2017 Futbol Club Barcelona Hóquei a patíns
2017-2019 Hockey Club Liceo da Coruña
2019- Sport Lisboa e Benfica Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiEduardo Lamas Editar o valor em Wikidata
IrmánsJosep Lamas Alsina Editar o valor em Wikidata

Twitter: eduard_lamas Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Eduard Lamas comezou a práctica do hóckey a patíns nas categorías inferiores do H.C. Liceo, club co cal gañou dous campionatos de España en categoría júnior. Na tempada 2008-09 pasou a formar parte do Club Patín Cerceda, que daquela militaba na Primeira División, conseguindo o ascenso á OK Liga. Na campaña 2009-10 continuou na entidade cercedense na máxima categoría do hóckey a patíns, aínda que finalmente o club galego descendería ao final da campaña.

Na tempada seguinte pasou a xogar no Liceo, compartindo equipo con seu irmán Josep. No club coruñés gañou dúas Copas de Europa, unha Copa Continental, unha Copa Intercontinental e o título de liga de 2013. En 2015 fichou polo Futbol Club Barcelona, onde xogou dúas tempadas, gañando dúas ligas, dúas Copas do Rei e unha Supercopa de España. Regresou ao Liceo na tempada 2017-18, gañando ese ano a Supercopa. Ao remate da tempada 2018-19 fichou polo Benfica portugués.[1][2]

Gañou tamén os maiores títulos a nivel de selección, formando parte da selección española que gañou a Copa Latina en 2012, o Campionato do Mundo en 2017 e o Campionato de Europa en 2018. Anteriormente xogara nas categorías inferiores da selección, coa que se proclamou campión de Europa xuvenil no 2007 e júnior no 2008, campión do mundo sub 20 en 2007 e 2009 e campión da Copa Latina Sub 23 no ano 2010.

Vida persoal editar

É fillo do que fora presidente do HC LIceo, Eduardo Lamas, e irmán máis novo de Josep Lamas, histórico xogador do Liceo.

Equipos editar

Palmarés editar

Notas editar

  1. "Ocho goles para cinco despedidas". La Opinión A Coruña (en castelán). 26 de maio de 2019. Consultado o 24 de xuño de 2020. 
  2. "Edu Lamas é reforço!" (en portugués). 6 de xuño de 2019. Consultado o 24 de xuño de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar