Josama Alén Ponte

xogador de hóckey a patíns galego


Josama Alén Ponte, nado na Coruña o 19 de setembro de 1980, é un xogador galego de hóckey a patíns que xoga na posición de defensa e se atopa sen equipo.

Modelo:BiografíaJosama Alén Ponte
Biografía
Nacemento19 de setembro de 1980 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de hóckey a patíns Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Josama comezou a práctica do hóckey a patíns aos sete anos no equipo do colexio Compañía de María da cidade herculina, pasando posteriormente ao HC Liceo, club co cal debutou no primeiro equipo. Na tempada 2007-08 asinou polo CP Tenerife, club ao cal estivo vencellado dúas tempadas e co que se proclamou campión da Copa CERS. Tras unha aventura frustrada no Vigo Stick[1] (debeu abandonar antes de tempo a causa dos problemas económicos que provocaron a desestruturación do equipo), esa mesma tempada (2009-10) asinou polo HC Borbolla[2] da Coruña xa coa tempada comezada para tentar conseguir o ascenso á Primeira División Estatal, conseguindo o obxectivo. Na tempada 2010-11, aínda nas filas do club de Monte Alto, non puido evitar o descenso de categoría. No verán do 2011 asinou polo Club Patín Cerceda, xogando unha tempada no club cercedense.

Josama foi tamén doce veces internacional coa selección española nas categorías júnior e sub 23.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar