Martín Rodríguez Garaboa
Martín Rodríguez Garaboa, nado na Coruña o 17 de agosto de 1994, é un xogador de hóckey a patíns galego, que xoga de porteiro no Noisy-le-Grand da liga francesa.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 17 de agosto de 1994 (29 anos) A Coruña, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogador de hóckey a patíns | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | hóckey a patíns | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarFormouse na canteira do HC Liceo, e cando era xuvenil marchou ao CP Cerceda con Juan Copa e outros xogadores do Liceo.[1] Co Cerceda debutou en Primeira Nacional e logo na OK Liga, tras o ascenso da tempada 2012/13. Coincidindo coa desaparición do Cerceda, no verán de 2016 fichou polo CP Alcobendas.[2] Despois dunha tempada no club madrileño volveu ao Liceo en 2017.[3]
No equipo coruñés foi o segundo porteiro por detrás de Xavier Malián primeiro e Carles Grau despois, acabando subcampión da OK Liga tres tempadas seguidas e gañando a Supercopa de España 2018-19. En 2021 proclamouse campión da Copa do Rei e na seguinte tempada gañou a OK Liga, a oitava na historia do club.
No verán de 2022 deixou A Coruña para instalarse en Francia, fichando polo Noisy-le-Grand.[4]
Palmarés
editarHC Liceo
editar- OK Liga (1): 2021/22.
- Copa do Rei (1): 2021.
- Supercopa de España (2): 2018/19, 2021/22.
Notas
editar- ↑ "Conociendo un poco más a… Martín Rodríguez". hockeyasturias.com (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2020.
- ↑ "Martín Rodríguez, nuevo portero del Reicomsa Alcobendas" (en castelán). 13 de xuño de 2016. Consultado o 2 de decembro de 2020.
- ↑ "Martín Rodríguez completa la portería del Liceo" (en castelán). 2 de agosto de 2017. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2020. Consultado o 3 de decembro de 2020.
- ↑ "Martín Rodríguez se incorpora al Noisy de la liga francesa". La Opinión A Coruña (en castelán). 23 de xullo de 2022. Consultado o 18 de marzo de 2023.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |