Copa do Rei 2021 de hóckey a patíns

77ª edición da Copa do Rei de hóckey a patíns

A Copa do Rei de hóckey a patíns 2021 foi a 77ª edición da Copa do Rei. Disputouse entre os días 10 e 13 de xuño de 2021 na cidade galega da Coruña. Foi a segunda vez que se disputaron de xeito conxunto as copas do Rei e da Raíña logo da edición de 2019 disputada na cidade catalá de Reus.

Copa do Rei 2021
Copa do Rei 2021 de hóckey a patíns
Liga Copa do Rei de hóckey a patíns
Deporte Hóckey a patíns
Duración 10 de xuño de 2021 - 13 de xuño de 2021
Partidos 7
Equipos 8
Campión Galicia Deportivo Liceo
Subcampión Cataluña Barça
← 2019

Sede editar

Artigo principal: Pazo dos Deportes de Riazor.

Todos os partidos se disputaron no Pazo dos Deportes de Riazor, pavillón con capacidade para 4 425 espectadores, aínda que o número de espectadores viuse limitado por mor das medidas sanitarias impostas no contexto da pandemia de COVID-19.


Esta foi a cuarta vez que o Pazo dos Deportes de Riazor acolleu a fase final da Copa do Rei,[1][2][1]}} se ben o recinto acolleu en tres ocasións competicións internacionais de seleccións absolutas de hóckey a patíns, logo de ter acollido dúas veces o Campionato do Mundo, en 1972 e 1988,[3] e unha vez o Campionato de Europa en 2018.[4]


Participantes e sistema de competición editar

 
O Palacio de María Pita foi o escenario do sorteo da competición copeira.

Nesta edición participaron un total de oito equipos, os oito mellores clasificados logo da primeira volta da OK Liga 2020-21. Os catro primeiros clasificados da primeira volta da OK Liga foron cabezas de serie no sorteo das eliminatorias.[5]

O 20 de maio celebrouse o sorteo dos cuartos de final da competición, tanto en categoría masculina como na feminina. O escenario elixido para o acto foi o Palacio de María Pita e contou coa presenza entre outros da alcaldesa da Coruña Inés Rey, a concelleira de Deportes Mónica Martínez, o Delegado Provincial de Deportes da Xunta de Galicia na Coruña Roberto García, e o presidente da RFEP Carmelo Paniagua.[6]

Os oito equipos participantes finalizaron co seguinte rexistro a primeira volta da OK Liga:

Pos Equipo Pts PX PG PE PP GF GC DG
1   Deportivo Liceo 43 15 14 1 0 73 18 +55
2   Barça 40 15 13 1 1 96 31 +65
3   Reus Deportiu Miró 32 15 10 2 3 86 46 +40
4   Recam Làser Caldes 32 15 10 2 3 62 46 +16
5   Lleida Llista Blava 32 15 10 2 3 47 34 +13
6   Voltregà Stern-Motor 21 15 6 3 6 48  45 +3
7   CE Noia Freixenet 21 15 6 2 7 56 55 +1
8   Garatge Plana Girona 20 15 5 5 5 44 45 -1

Cadro de competición editar

Cuartos de final Semifinal Final
                   
10 de xuño        
  Recam Làser Caldes   5
12 de xuño
  Lleida Llista Blava   4  
  Deportivo Liceo   4
10 de xuño
    Recam Làser Caldes   1  
  Deportivo Liceo   3
13 de xuño
  Voltregà Stern-Motor   2  
  Deportivo Liceo   3
11 de xuño
    Barça   2
  Reus Deportiu Miró   7
12 de xuño
  Garatge Plana Girona   6  
  Reus Deportiu Miró   3
11 de xuño
    Barça   6  
  Barça   6
  CE Noia Freixenet   3  


Partidos editar

Cuartos de final editar

Caldes - Lleida editar

Liceo - Voltregà editar

Reus - Girona editar

Barça - Noia editar

Semifinais editar

Liceo - Caldes editar

Reus - Barça editar

Final editar

Liceo - Barça editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "A Coruña, sede de la próxima edición de la Copa del Rey y de la Reina" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 13 de novembro de 2019. Consultado o 19 de xuño de 2021. 
  2. O recinto acolleu ademais as finais de Copa disputadas a dobre partido en 1986 e 1989
  3. Varela, María (7 de febreiro de 2018). "A Coruña opta al Europeo". La Opinión (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2021. 
  4. "A Coruña, sede del Campeonato de Europa". Real Federación Española de Patinaxe (en castelán). 27 de febreiro de 2018. Consultado o 19 de xuño de 2021. 
  5. "A Coruña acoge este 20 de mayo el sorteo de la Copa de SM El Rey y SM La Reina 2021". Real Federación Española de Patinaje (en castelán). 13 de maio de 2021. Consultado o 19 de xuño de 2021. 
  6. "Sorteados los cuadros de competición de la Copa de S.M. El Rey y S.M. La Reina 2021". Real Federación Española de Patinaxe (en castelán). 20 de maio de 2021. Consultado o 19 de xuño de 2021. 
  7. "La Copa del Rey de hockey sobre patines: el título que une al Liceo y a su afición". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de xuño de 2021. Consultado o 18 de xuño de 2021. 
  8. Varela, María (12 de xuño de 2021). "El corazón empuja al Liceo a la final" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2020. Consultado o 18 de xuño de 2021. 
  9. Centeno, Alexandre (13 de xuño de 2021). "Un gran Deportivo Liceo conquista su décima Copa del Rey de hockey sobre patines". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 18 de xuño de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar