Pablo Federico Álvarez Vera

xogador de hóckey sobre xeo arxentino

Pablo Federico Álvarez Vera, coñecido como Pablito Álvarez, nado en San Juan (Arxentina) o 30 de setembro de 1986 é un xogador de hóckey a patíns arxentino, que xoga de dianteiro no FC Barcelona.

Infotaula de personaPablo Federico Álvarez Vera

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de setembro de 1986 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
San Juan, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Altura179 cm Editar o valor em Wikidata
Peso80 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de hóckey a patíns Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor em Wikidata
Número deportivo7 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Seleção Argentina de Hóquei em Patins Masculino (pt) Traducir
1991-2008 Olímpia Patín Club
2008-2011 Hockey Club Liceo da Coruña
2011-2021 Futbol Club Barcelona Hóquei a patíns
2021- Sport Lisboa e Benfica Editar o valor em Wikidata

Twitter: pablo77alvarez Editar o valor em Wikidata

Tras gañar dúas ligas arxentinas co Olimpia da súa cidade natal, xogou de 2005 a 2011 no HC Liceo da Coruña, co que gañou unha Copa de Europa e unha Copa CERS. Dende 2011 xoga no FC Barcelona, co que leva gañadas 8 OK Ligas e 3 Copas de Europa entre outros moitos títulos.

Con máis de 500 goles, é o segundo máximo goleador da historia da OK Liga, só superado por Raül Marín.[1]

Traxectoria editar

Comezou a práctica do hóckey a patíns no Olimpia Patín Club da súa cidade natal, San Juan, equipo co cal gañou a ligas arxentinas nos anos 2004 e 2005.

En xaneiro de 2005, con 18 anos, asinou co H.C. Liceo da Coruña.[2] Tras uns anos con malos resultados, o equipo acadou o subcampionato da OK Liga na tempada 2008/09 e volveu á senda dos títulos na tempada seguinte, conquistando a Copa CERS. Logrou tamén o subcampionato de liga ese ano, rematando Pablo Álvarez como o máximo goleador da liga con 43 goles e nomeado mellor xogador da competición.[3] Na tempada 2010/11 proclamouse campión da Copa de Europa co Liceo, e foi nomeado mellor xogador da competición. Foi a súa última tempada no club galego, co que xogou 7 tempadas, anotando 159 goles.

Fichou nese mesmo 2011 polo FC Barcelona. Co club blaugrana gañou a OK Liga na súa primeira tempada, ás que sumou outras sete de xeito consecutivo entre 2013 e 2020, sendo o máximo goleador da liga nas tempadas 2013/14, 2018/19 e 2019/20.[4] Na 2013/14 marcou 56 goles, batendo o récord histórico de goles nunha soa tempada.[5] Conquistou ademais cinco Copas do Rei, seis Supercopas de España, tres Copas de Europa máis, dúas Copas Intercontinentais e dúas Copas Continentais.

Selección arxentina editar

No 2005 debutou coa selección arxentina xogando o Campionato do Mundo "A", sendo fixo na selección durante os seguintes anos e proclamándose ata en catro ocasións subcampión do mundo.

Galardóns e recoñecementos editar

No 2005 foi nomeado mellor deportista sanxoanino e mellor xogador do Mundial Sub-20 un mes antes, sendo capitán da selección arxentina. No 2009 foi nomeado mellor xogador arxentino, gañando o Premio Olimpia de Prata con 23 anos, por detrás de Juan Martín del Potro.[6]

Clubs editar

Palmarés editar

Olimpia editar

HC Liceo editar

FC Barcelona editar

Selección arxentina editar

Notas editar

  1. "Pablo Álvarez, el hombre de los 500 goles en la OK Liga". Mundo Deportivo (en castelán). 22 de xaneiro de 2020. Consultado o 11 de xaneiro de 2021. 
  2. "El Liceo Vodafone saca partido del mercado de invierno". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de xaneiro de 2005. p. 38. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2011. Consultado o 29 de agosto de 2011. 
  4. "Pablo Álvarez, proclamado ‘pichichi’ de la OK Liga". Mundo Deportivo (en castelán). 5 de maio de 2020. Consultado o 11 de xaneiro de 2021. 
  5. "Pablo Álvarez, un jugador aliado con el gol". Mundo Deportivo (en castelán). 12 de outubro de 2016. Consultado o 11 de xaneiro de 2021. 
  6. http://sempre-depor.blogspot.com/2009/12/pablo-alvarez-mejor-jugador-de-hockey.html[Ligazón morta]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar