Copa Galiza (hóckey a patíns)
competición deportiva galega
A Copa Galiza de hóckey a patíns[Cómpre referencia] foi unha competición de clubs de hóckey a patíns, da que se disputaron dúas edicións en 2008 e 2009. Competían equipos de hóckey galegos, independentemente da categoría na que competiran. O HC Liceo foi o vencedor das dúas edicións. gañando na final en ambas as ocasións ao CP Cerceda, na primeira delas cando este aínda era o filial liceísta e a segunda xa como club independente.
Tipo | competición deportiva |
---|---|
Deporte | hóckey a patíns |
Localización e Datas | |
Localización | Galicia (España) 42°48′N 7°54′O / 42.8, -7.9Coordenadas: 42°48′N 7°54′O / 42.8, -7.9 |
País | España |
Vixencia | 2008 – 2009 |
Datos estatísticos | |
Máis títulos | Hockey Club Liceo da Coruña (2) |
Edición | Tempada | Campión | Subcampión | Resultado |
---|---|---|---|---|
I | 2008-09 | H.C. Liceo[1] | Cerceda Liceo | 5-4 |
II | 2009-10 | H.C. Liceo[2] | CP Cerceda |
Notas
editarA Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |