Copa do Rei 2019 de hóckey a patíns

A Copa do Rei de hóckey a patíns 2019 foi a 76ª edición da Copa do Rei. A competición disputouse entre os días 21 e 24 de febreiro de 2019 na localidade catalá de Reus. O 28 de novembro de 2018 a Real Federación Española de Patinaxe anunciou na súa páxina web que Reus acollería a cita copeira, sendo ademais a primeira vez que se disputaron de xeito conxunto a Copa do Rei e a Copa da Raíña co obxectivo de promocionar as dúas competicións, nas que participaron os oito mellores equipos da OK Liga e a OK Liga Feminina.[1][2] Paralelamente ás dúas citas copeiras, a cidade de Reus acolleu tamén a Minicopa, tanto en categoría feminina como masculina, unha competición nada na mesma cidade en 2016.[3]

Modelo:Competición deportivaCopa do Rei 2019 de hóckey a patíns
Tipotempada deportiva Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor en Wikidata
OrganizadorReal Federación Española de Patinaxe Editar o valor en Wikidata
Número de participantes8 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónLleida (Segrià) 41°37′00″N 0°38′00″L / 41.6167, 0.6333 Editar o valor en Wikidata
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Número de edición76  (2019) Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Partidos7 Editar o valor en Wikidata

Ao finalizar a competición o FC Barcelona alzouse co título e conseguindo deste xeito a súa cuarta Copa do Rei de xeito consecutivo e a 23ª da historia do club blaugrana. O FC Barcelona foi ademais o equipo máis goleador con 10 goles, mentres que o MVP da competición foi o portugués João Rodrigues, do FC Barcelona.

Artigo principal: Pavelló Olímpic de Reus.

A competición disputouse no Pavelló Olímpic de Reus, un pavillón de titularidade municipal deseñado por Josep M. Martí e inaugurado en 1992 con motivo dos Xogos Olímpicos de Barcelona '92, onde foi unha das tres subsedes da competición de hóckey a patíns. A pista ten unha superficie de parqué de 40 x 20 metros e capacidade para 3 700 persoas.[4][5][6]

Esta foi a terceira vez que o pavillón acolleu a Copa do Rei, logo de ter organizado a competición en 2005 e 2016.[7] O pavillón ten acollido outros importantes eventos do hóckey a patíns, tanto a nivel de clubs como de seleccións, como o Campionato do Mundo "A" de hóckey a patíns en 1999 ou o Mundial de Clubs de 2008.[6]

Participantes e sistema de competición

editar

Nesta edición participaron un total de oito equipos, os oito mellores clasificados logo da primeira volta da OK Liga 2018-19. Os catro primeiros clasificados da primeira volta da OK Liga foron cabezas de serie no sorteo das eliminatorias.[8] Os oito equipos participantes foron os seguintes:[9][10]

Pos Equipo Pts PX PG PE PP GF GC DG
1   Barça Lassa 39 15 12 3 0 80 24 +56
2   Deportivo Liceo 35 15 11 2 2 71 29 +42
3   Reus Deportiu Miró 30 15 8  6 1 62 38 +24
4   Recam Làser Caldes 29 15 9 2 4 44 46 -2
5   CE Noia Freixenet 28 15 8 4 3 52 40 +12
6   Lleida Llista Blava 27 15 8 3 4 57 43 +14
7   Igualada Rigat 23 15 7 2 6 48  39 +9
8   Voltregà Stern-Motor 18 15 5 3 7 35 43 -8

Resultados

editar
Cuartos de final Semifinal Final
                   
       
  Deportivo Liceo   5
  Igualada Rigat   1  
  Deportivo Liceo   3
    Lleida Llista Blava   1  
  Reus Deportiu   1
  Lleida Llista Blava   2  
  Deportivo Liceo   1
    Barça Lassa   4
  Recam Làser Caldes   3
  Voltregà Stern-Motor   1  
  Recam Làser Caldes   1
    Barça Lassa   2  
  Barça Lassa   4
  CE Noia Freixenet   2  


Cuartos de final

editar
Deportivo Liceo 5-1 Igualada Rigat 21 de ferreiro de 2019 – Pavelló Olímpic, Reus
Árbitro: Miguel Díaz Cosme e David Cantos Bonales
Informe
 


Reus Deportiu Miró 1-2 Lleida Llista Blava 21 de ferreiro de 2019 – Pavelló Olímpic, Reus
Asistencia: Rubén Fernández García e Antonio Gómez Sánchez
Informe
 


Recam Làser Caldes 3-1 Voltregà Stern-Motor 22 de febreiro de 2019 – Pavelló Olímpic, Reus
Árbitro: Alberto López Expósito e Josep Antoni Ribó Navarro
Informe
 


Barça Lassa 4-2 CE Noia Freixenet 22 de febreiro de 2019 – Pavelló Olímpic, Reus
Árbitro: Óscar Valverde Munuera e Ángel Tavera Bellido
Informe
 

Semifinais

editar
Deportivo Liceo 3-1 Lleida Llista Blava 23 de febreiro de 2019 – Pavelló Olímpic, Reus
Árbitro: Óscar Valverde Munuera e Miguel Díaz Cosme
Informe
 


Recam Làser Caldes 1-2 Barça Lassa 23 de febreiro de 2019 – Pavelló Olímpic, Reus
Asistencia: Rubén Fernández García e Josep Antoni Ribó Navarro
Informe
 
Deportivo Liceo 1-4 Barça Lassa 24 de febreiro de 2019 – Pavelló Olímpic, Reus
Árbitro: Sergi Mayor Oliván e Iván González González
Informe
 
Campión da Copa do Rei 2019
 
FC Barcelona
23º título
Referencias
  1. "Reus acogerá la Copa del Rey y de la Reina 2019" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 28 de novembro de 2018. Consultado o 14 de xaneiro de 2019. 
  2. "Reus acollirà la Copa del Rei i de la Reina d'Hoquei Patins" (en catalán). Reus Esport i Lleure. 28 de novembro de 2019. Consultado o 14 de xaneiro de 2019. 
  3. "Reus acogerá la Copa del Rey y de la Reina". Mundo Deportivo (en castelán). 28 de novembro de 2018. Consultado o 14 de xaneiro de 2019. 
  4. "The subsites" (PDF). 1992 Summer Olympics official report (en inglés) 2: 337–41. 
  5. "Pavelló Olímpic Municipal" (en catalán). Reus Esport i Lleure. Consultado o 14 de xaneiro de 2019. 
  6. 6,0 6,1 "Pavelló Olímpic de Reus" (en catalán). enciclopèdia.cat. Consultado o 14 de xaneiro de 2019. 
  7. "El Pabellón Olímpico Municipal de Reus, sede de la Copa del Rey de Hockey Patines 2016" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 4 de novembro de 2015. Consultado o 14 de xaneiro de 2019. 
  8. "Definidos los ocho protagonistas de la Copa del Rey". Mundo Deportivo (en castelán). 13 de xaneiro de 2019. Consultado o 14 de xaneiro de 2019. 
  9. "La Copa del Rey ya conoce a sus ocho protagonistas" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 12 de xaneiro de 2019. Consultado o 14 de xaneiro de 2019. 
  10. "CLASIFICACIONES" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2018. Consultado o 14 de xaneiro de 2019. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar