Tempada 2018-2019 da OK Liga

A tempada 2018-2019 da OK Liga foi a 50ª edición da máxima categoría do hóckey a patíns español. Comezou o 22 de setembro de 2018 e rematou o 1 de xuño de 2019 coa disputa da trixésima xornada.[1] Os equipos ascendidos foron o C.P. Calafell (campión), PHC Sant Cugat (subcampión) e o Club Patín Alcobendas (terceiro).[2] A diferenza das edicións anteriores, nesta edición descenderán os catro últimos clasificados pola reestruturación que experimentará a competición na tempada 2019-20, na que pasará de 16 a 14 equipos.[3]

Ao finalizar a liga o Fútbol Club Barcelona alzouse co título de liga por 30ª vez na historia e o sexto título consecutivo. O Barcelona foi ademais o equipo máis goleador cun total de 161 goles e o menos goleado con 48 goles encaixados, mentres que o Club Patí Vic foi o equipo que menos goles anotou con tan só 61, e o Club Patín Alcobendas foi o equipo máis goleado con 129 goles encaixados. O máximo goleador da competición foi Pablo Álvarez, do Barcelona, con 48 goles anotados en 28 partidos.

Equipos editar

Equipo Cidade Estadio Adestrador
CP Alcobendas   Alcobendas Amaya Valdemoro   Marcos Rey
PAS Alcoi   Alcoi Francisco Laporta   Sergi Punset
FC Barcelona   Barcelona Palau Blaugrana   Eduardo Castro
C.P. Calafell   Calafell Joan Ortoll   Jordi Roca
CH Caldes   Caldes de Montbui Torre Roja   Eduard Candami
Girona CH   Xirona Palau II   Ramon Benito
Igualada HC   Igualada Les Comes   Ferrán López
HC Liceo   A Coruña Riazor   Juan Copa
Lleida Llista Blava   Lleida 11 de Setembro   Albert Folguera
C.H. Lloret   Lloret de Mar Municipal    Josep Codina
CE Noia   Sant Sadurní d'Anoia Ateneu Agrícola   Pere Varias
Reus Deportiu   Reus Pazo dos Deportes   Jordi García
PHC Sant Cugat   Sant Cugat del Vallès Pavelló Municipal   Joan Carles Vadillo
C.E. Vendrell   El Vendrell Club d'Esports Vendrell   Gonzalo Medina
Club Patí Vic   Vic Olímpico de Vic   Joaquim López
CP Voltregà   Sant Hipòlit de Voltregà Municipal   Francesc Linares

Clasificación editar

Pos Equipo Pts PX PG PE PP GF GC DG
1 Barça Lassa 84 30 27 3 0 161 48 +113
2 Deportivo Liceo 66 30 21 3 6 136 73 +63
3 Reus Deportiu Miró 63 30 18 9 3 121 71 +50
4 CE Noia Freixenet 61 30 19 4 7 110 76 +34
5 Igualada Rigat HC 51 30 16 3 11 99 76 +23
6 CE Lleida Llista Blava 51 30 15 6 9 109 91 +18
7 Recam Làser CH Caldes 39 30 11 6 13 78 99 -21
8 CP Voltregà 34 30 10 4 16 70 87 -17
9 Citylift Girona CH 33 30 9 6 15 76 97 -21
10 CP Calafell Tot L'Any 33 30 9 6 15 76 113 -37
11 CP Vic 32 30 8 8 14 61 79 −18
12 CH Lloret Vila Esportiva 32 30 8 8 14 75 110 -35
13 CP Alcobendas 29 30 8 5 17 91 129 -38
14 CE Vendrell 29 30 7 8 15 70 96 −26
15 PHC Sant Cugat 23 30 5 8 17 80 107 −27
16 PAS Alcoi 15 30 4 3 23 65 126 -61

Lenda editar

Liga Europea
WS Europe Cup
Descenso

Pts = Puntos totais
PX = Partidos xogados
PG = Partidos gañados
PE = Partidos empatados
PP = Partidos perdidos

 

GF = Goles a favor
GC = Goles en contra
DG = Diferenza de goles (GF-GC)

 

Posicións por xornada editar

Equipo \ Xornada 1 2[a] 3 4 5 6 7[b] 8[c] 9 10 11 12 13[d] 14[e] 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30
Barça Lassa 6 8 5 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
HC Liceo 10 7 2 6 5 4 4 2 2 2 2 2 2 2 2 2 2
Reus Deportiu 5 2 1 3 4 6 6 5 4 4 3 3 3 3 3 3 3
CE Noia Freixenet 7 1 7 8 8 7 7 7 7 7 6 7 7 6 5 4 4
CE Lleida Llista Blava 2 3 3 2 2 2 5 3 5 5 5 5 5 5 6 6 5
Recam Làser CH Caldes 3 6 6 5 3 3 2 4 3 3 4 4 4 4 4 5 6
Igualada Rigat HC 1 4 4 4 6 5 3 6 6 6 7 6 6 7 7 7 7
CP Voltregà 8 13 12 13 12 12 11 10 8 8 8 8 8 8 8 8 8
CP Calafell Tot L'Any 4 5 9 7 10 10 9 8 10 11 10 10 10 9 9 9 9
CP Vic 16 14 14 14 13 14 15 16 16 15 14 15 16 12 11 12 10
CP Alcobendas 9 10 8 10 9 9 8 9 9 9 9 9 9 11 12 13 11
PHC Sant Cugat 15 16 16 12 14 13 13 13 12 12 12 12 13 14 13 10 12
CH Lloret Vila Esportiva 14 12 10 9 7 8 10 11 11 10 11 11 11 10 10 11 13
CE Vendrell 12 11 13 15 15 15 14 15 14 14 13 14 14 15 14 14 14
Citylift Girona CH 13 9 11 11 11 11 12 12 13 13 15 13 15 16 16 16 15
PAS Alcoi 11 15 15 16 16 16 16 14 15 16 16 16 12 13 15 15 16

Máximos goleadores editar

Xogador Equipo Goles
  Pablo Álvarez FC Barcelona Lassa 48
  Carlo di Benedetto Deportivo Liceo 41
  Sergi Llorca CE Noia Freixenet 35
  Marc Julià Reus Deportiu Miró 35
  Alex Rodríguez Reus Deportiu Miró 34

Notas editar

  1. O Barça Lassa, Lleida Llista Blava, Calafell e Caldes tiñan un partido menos a causa do aprazamento dos seus partidos da segunda xornada pola disputa da Copa Continental en Barcelos, na que participaron o Barça Lassa e o Lleida Llista Blava, como campións da Liga Europea e a Copa CERS respectivamente.
  2. O Alcobendas e o Igualada tiñan un partido máis.
  3. O Alcobendas e o Igualada tiñan un partido máis.
  4. O Barça Lassa e Lleida Llista Blava tiñan un partido menos a causa do aprazamento do seu partido da 13ª xornada pola disputa da Copa Intercontinental en San Juan (Arxentina), na que participou o Barça Lassa como campión da Liga Europea.
  5. O Barça Lassa e Lleida Llista Blava tiñan un partido menos a causa do aprazamento do seu partido da 13ª xornada pola disputa da Copa Intercontinental en San Juan (Arxentina), na que participou o Barça Lassa como campión da Liga Europea.
Referencias
  1. "Calendario tempada 2018-2019" (PDF) (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 26 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de setembro de 2018. Consultado o 28 de setembro de 2018. 
  2. "Calendario tempada 2018-2019" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2018. Consultado o 28 de setembro de 2018. 
  3. "La OK Liga se reducirá a 14 equipos en 2019/2020". Mundo Deportivo (en castelán). 10 de xuño de 2018. Consultado o 28 de setembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar