C.H. Lloret
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
O Club Hoquei Lloret é un club de hóckey a patíns catalán da localidade xerundense de Lloret de Mar, na comarca de La Selva, fundado en 1969 e que compite actualmente na OK Liga.
Club Hoquei Lloret | |
---|---|
Cidade | Lloret de Mar, Cataluña |
Historia | 1969 |
Fundado | 1969 |
Pavillón | Municipal de Lloret (1.500) |
Presidente | Josua Pérez |
Adestrador | Xevi Cabanas |
Competición | OKLiga Plata |
Cores | Verde e branco |
Na rede | |
http://www.hoqueilloret.org | |
Sitio web Sitio web oficial |
Historia
editarO CH Lloret foi fundado en 1969, chegou á Primeira División Nacional na tempada 1981-82, acadando catro anos máis tarde o ascenso á División de Honra, na que tan só consegue xogar dúas tempadas. Na tempada 2001-02 o equipo retorna á máxima categoría.
Do 9 ao 12 de marzo de 2006 celebrouse en Lloret de Mar a Copa do Rei coa participación do Club Hoquei Lloret, caendo este en cuartos de final fronte ao Igualada HC, nunha edición que acabaría gañando o Reus Deportiu.
O CH Lloret chegou á final four de Dinan da Copa CERS na tempada 2007-08, caendo en semifinais fronte ao Hockey Valdagno. En 2009 foi Lloret de Mar quen acolleu a final a catro da Copa CERS.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |