Pavelló Olímpic de l'Ateneu Agrícola

O Pavelló Olímpic de l'Ateneu Agrícola (en galego Pavillón Olímpico do Ateneo Agrícola) é un pavillón de hóckey a patíns da localidade de Sant Sadurní d'Anoia, Barcelona (Cataluña). Está situado ás aforas da vila, na rúa Josep Rovira, 14. É o pavillón onde o CE Noia disputa os seus partidos como local, tanto na OK Liga (máxima categoría do hóckey a patíns español) como nas competicións europeas. Ten unhas dimensións de 40 metros de longo e 20 de ancho, e capacidade para 1.500 espectadores. Foi inaugurado en 1980.

O Ateneu Agrícola.

Acontecementos

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar