Lleida Llista Blava

O Club Lleida-Llista Blava é un club deportivo catalán da cidade de Lleida adicado ao hóckey a patíns e á patinaxe artística.

Lleida Llista Blava
Na rede
https://lleidallistablava.com

Traxectoria editar

O club foi fundado co nome de Lista Azul o 6 de abril de 1951 por un grupo de amigos que practicaran diferentes deportes mentres cursaban o bacharelato. Moitos deles eran, daquela, destacados comerciantes de Lleida. Ramon Barrufet foi o socio número 1 e o primeiro presidente do club. Posteriormente a presidencia pasou a Manolo Fregola Suñé, á vez que se inauguraba a pista de Cervantes, que sería o escenario da primeira tempada oficial do Llista Blava e do hóckey a patíns lleidatà.

En 1952 a pista de xogo foi trasladada ao Frontó Lleida, cunha capacidade para 1800 espectadores. Na tempada 1956-57 e Llista Blava debuta na Primeira División do hóckey a patíns español onde se manterá ata a 1959-60.

Un ano despois, en 1961, o equipo retorna á División de Honra. Aquela mesma tempada as instalacións do Frontó Lleida desapareceron e o Llista Blava viuse obrigado a xogar de novo na pista descuberta de Cervantes, feito que provoca unha baixada importante na asistencia de público aos partidos. A falta de incentivos e motivacións provocou que o equipo tivese que disputar a promoción de descenso e perdeu novamente a categoría.

En 1966 o equipo xoga no velódromo do Camp d'Esports. Posteriormente, en 1983, o Llista Blava comeza a xogar no pavillón cuberto da Bordeta, logo de dezasete anos xogando na pista descuberta da estrada de Huesca.

En 1993 catalanizouse o nome do club, e en 1996 con motivo do seu 45º aniversario organizouse a primeira Gran Patinada de Lleida.

No ano 2000 o Llista Blava acadou o ascenso á División de Honra do hóckey a patíns español e nas seguintes tempadas consolidouse. Nesta época, o club trasladouse ao Pavelló Onze de Setembre e debutou en competición europea na Copa CERS.

No 2005, logo dunha mala tempada, o Lleida Llista Blava perdeu outra vez a categoría, situación á que se lle ha de sumar unha desastrosa balanza económica.

A seguinte tempada, porén, o equipo volve ascender á máxima categoría, cun equipo de xogadores completamente renovado e un corpo técnico motivado para a misión de manteren a categoría. De momento, malia todo, os resultados (tanto deportivos como económicos) non o acompañaron.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar