Juan Copa

ex-xogador e adestrador de hóckey a patíns galego

Juan Carlos Copa Quiroga, nado na Coruña en 1970, é un ex xogador e adestrador de hóckey a patíns galego.

Infotaula de personaJuan Copa
Biografía
Nacemento1970 Editar o valor em Wikidata (53/54 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de hóckey a patíns Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor em Wikidata

É considerado un dos mellores xogadores que deu a canteira coruñesa, debutando aos 15 anos na División de Honra (actual OK Liga) e converténdose con 17 no primeiro capitán non catalán dunha selección española. Dende 2017 adestra o Deportivo Liceo.

Traxectoria editar

Seus pais, José María e Basilisa, naturais da parroquia de Laiosa, O Incio, emigraron a Cuba despois de casaren, regresando logo a Galicia e instalándose na Coruña, onde naceu o seu fillo Juan.[1]

Xogador editar

Juan Copa formouse na canteira do A.A. Dominicos da súa cidade natal. Co club aurinegro debutou con 15 anos da man de Diego Lazo "Picolo" e proclamouse campión de Europa júnior coa selección española que capitaneaba. Co Dominicos gañou a histórica Copa do Rei de 1990, o único título nacional do equipo coruñés.

Posteriormente foi a Asturias para xogar cinco ano máis como profesional antes de volver ao Dominicos, que daquela trataba de rexurdir e volver á División de Honra (algo quen o equipo colexial non chegaría a materializar). Tras un ano no Club Patín Ordes abríuselle a porta do Liceo, xogando no filial verdibranco e mesmo no primeiro equipo no partido de volta da final da Copa CERS que os coruñeses gañaron ao Barcelos no 99.[2]

Foi durante esta etapa no Liceo cando coñeceu ao seu admirado Fernando Marcos, o impulsor da súa carreira como técnico.

Adestrador editar

No 2001 fíxose cargo do filial liceísta, facendo unha boa tempada, trala cal marchou a Cee para dirixir un proxecto entre o club ceense e o verdibranco, porén Copa foi cesado e volveu á canteira do colexio.

Ao pouco fixo méritos para volver ao filial, mais a súa grande oportunidade chegou na tempada 2005-06 cando, da man de Paco González, o primeiro equipo verdibranco camiñaba cara ao descenso. Mediada a tempada, o adestrador foi destituído e Copa colleu un equipo que con el realizou un bo final de tempada, conseguindo salvar aos liceístas do descenso. Durante as seguintes tres tempadas foi o segundo adestrador do Liceo, como axudante do portugués José Querido, ademais de dirixir ao filial.

Co Liceo B conseguiu un histórico ascenso á máxima categoría na tempada 2008/09.[2] Ante a imposibilidade de que dous equipos do mesmo club xogasen na mesma liga, creouse o Club Patín Cerceda, que pasou a ocupar a praza lograda polo filial do Liceo na OK Liga. Juan Copa foi o único adestrador durante os sete anos de existencia do club, que tras descender á Primeira División no seu primeiro ano, volveu á OK Liga na tempada 2012/13 ao resultar campión da segunda categoría.[3] Co club cercedense estivo tres anos na máxima categoría, conseguindo como mellor resultado o 6º posto da tempada 2014/15, e xogando en dúas ocasións a segunda competición europea, a Copa CERS.

Tras a desaparición do Cerceda en 2016, continuou adestrando ás categorías inferiores da selección galega ata que no verán de 2017 foi anunciado como novo adestrador do Liceo en substitución de Carlos Gil.[4] Co club liceísta proclamouse subcampión de liga nas catro tempadas seguintes (2017/18, 2018/19, 2019/20 e 2020/21) e dúas veces subcampión da Copa do Rei (2018 e 2019), en todas as ocasións por detrás do FC Barcelona. Ademais gañou a Supercopa de España na edición 2018/19, despois de derrotar na final ao Barcelona por 3-2.[5]

En xuño de 2021 gañou a súa primeira Copa do Rei como técnico, ao vencer na final ao Barcelona. Comezou a tempada seguinte gañando unha nova Supercopa contra o Barça, e rematouna conquistando o seu primeiro título de liga, despois de derrotar ao Reus na final dos play-offs. Ademais foi elixido mellor adestrador do ano na OK Liga.[6]

Palmarés editar

Como xogador editar

AA Dominicos

Como adestrador editar

HC Liceo B
CP Cerceda
HC Liceo
Individual
  • Mellor adestrador da OK Liga (1): 2021/22.

Notas editar

  1. Conde, Luis (30 de xullo de 2018). "El hockey español tiene raíces lucenses". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Centeno, Alexandre (29 de abril de 2009). "El niño prodigio del hockey sobre patines coruñés sienta cátedra". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de agosto de 2020. 
  3. Ferreiro, José M. (28 de maio de 2013). "El Patín Cerceda conquistó el título de Primera División". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de agosto de 2020. 
  4. "Juan Copa toma las riendas del Liceo". La Opinión A Coruña (en castelán). 26 de xullo de 2017. Consultado o 29 de agosto de 2020. 
  5. "El Liceo, campeón de la Supercopa de España". La Opinión A Coruña (en castelán). 16 de setembro de 2018. Consultado o 29 de agosto de 2020. 
  6. "Premios de tempada para Juan Copa, Di Benedetto, Carles Grau e Dava Torres" (en castelán). 23 de xuño de 2022. Consultado o 26 de xuño de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar