Dava Torres

xogador de hóckey a patíns galego

David Torres Pastoriza, coñecido como Dava Torres, nado na Coruña o 25 de decembro de 1994, é un xogador de hóckey a patíns galego. Xoga de dianteiro e é o capitán do Deportivo Liceo.

Infotaula de personaDava Torres
Biografía
Nacemento25 de decembro de 1994 Editar o valor em Wikidata (29 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de hóckey a patíns Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu na Coruña nunha familia vencellada ao hóckey a patíns, sendo fillo de Vicente Torres, que logo foi presidente da Federación Galega de Patinaxe, e irmán máis novo de Tito Torres, que, chegou a xogar na OK Liga.[1]

Comezou a xogar ao hóckey no colexio Santa María do Mar da Coruña, pasando logo ás categorías inferiores do Liceo. Tras tres anos no club coruñés fichou polo CP Cerceda, adestrado por Juan Copa, co que debutou en Primeira Nacional na tempada 2010/11, aos 15 anos de idade. Gañou a titularidade rapidamente sendo xa na súa primeira tempada un dos piares do equipo.[2] Na tempada 2012/13 o club logrou o ascenso á OK Liga, e tras unha campaña na máxima categoría Dava Torres deixou o Cerceda para fichar polo Vic. Xogou un só ano no club catalán, co que gañou a Copa do Rei 2014/15 tras derrotar ao FC Barcelona na final.[3]

En xuño de 2015 volveu ao Liceo.[4] Co equipo herculino foi catro veces subcampión da OK Liga e conquistou a Copa do Rei de 2021 e tres Supercopas de España, nas tempadas 2016/17, 2018/19 e 2021/22.[5]

Palmarés editar

CP Vic editar

HC Liceo editar

Notas editar

  1. "Dava Torres, el sueño de un coruñés que ahora capitanea al Liceo" (en castelán). 2 de novembro de 2019. Consultado o 30 de novembro de 2020. 
  2. "David Torres, del Cerceda, con la selección sub 20". La Opinión A Coruña (en castelán). 17 de xuño de 2011. Consultado o 30 de novembro de 2020. 
  3. "El CP Vic toca el cielo en Blanes". Mundo Deportivo (en castelán). 2 de marzo de 2015. Consultado o 30 de novembro de 2020. 
  4. Antelo, Iván (17 de xuño de 2015). "David Torres regresa a casa". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 1 de decembro de 2020. 
  5. "El Liceo, campeón de la Supercopa de España" (en castelán). 16 de setembro de 2018. Consultado o 1 de decembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar