César Carballeira

xogador de hóckey a patíns galego

César Carballeira Domínguez, nado na Coruña o 10 de febreiro de 1996 é un xogador galego de hóckey a patíns, que xoga na posición de defensa no Deportivo Liceo, da OK Liga, e na selección española.

Infotaula de personaCésar Carballeira
Biografía
Nacemento10 de febreiro de 1996 Editar o valor em Wikidata (28 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de hóckey a patíns Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Xogou nas categorías inferiores do HC Liceo da Coruña dende os tres anos.[1] Debutou co primeiro equipo do Liceo en outubro de 2012, aos 16 anos de idade, nun partido da OK Liga fronte ao PAS Alcoi.[2][3] Xogou varias tempadas co primeiro equipo, gañando unha liga, unha Supercopa, unha Copa Continental e unha Intercontinental.

En 2018, despois de 18 anos no club liceísta, fichou polo Reus Deportiu.[4] Estivo dúas tempadas no club catalán, fracturando na segunda delas a tibia e o peroné, motivo polo que estivo case tres meses de baixa.[5][6]

En maio de 2020 volveu ao HC Liceo.[7] Marcou 14 goles na liga 2020/21, na que o seu equipo acabou subcampión, e fixo tamén tres goles na Copa do Rei, un deles na final contra o FC Barcelona en Riazor, contribuíndo así de xeito importante a que o Liceo conquistase o título copeiro 17 anos despois.[8]

En xuño de 2022 proclamouse de novo campión de liga, despois de rematar segundo na fase regular e vencer na final ao Reus de forma contundente, en só 3 partidos.

Selección española editar

Xogou en varias categorías inferiores da selección española e liderou en 2018 á selección sub-23 na súa conquista da Copa Latina en Francia.[9] En 2019 debutou coa selección absoluta, coa que participou na 68ª Copa das Nacións. Debutou na derrota por 3-4 fronte á selección de Angola.[10] No 2021 disputou o Campionato de Europa en Paredes, marcando na final contra Francia o gol do empate que forzou a prórroga, na que España acabou proclamándose campioa.[11]

Palmarés editar

HC Liceo editar

Reus Deportiu editar

Selección española editar

Notas editar

  1. Antelo, Iván (2 de decembro de 2015). "El estirón de César Carballeira". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 13 de outubro de 2020. 
  2. "“No esperaba debutar pero me gustó mucho jugar esos cuatro minutos”" (en castelán). 13 de outubro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2022. Consultado o 14 de novembro de 2022. 
  3. Varela, María (18 de outubro de 2012). "Las dos caras de la moneda". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 13 de outubro de 2020. 
  4. Gómez Cundíns, Pablo (4 de xullo de 2018). "César Carballeira deja el Liceo y ficha por el Reus". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 13 de outubro de 2020. 
  5. Varela, María (12 de setembro de 2019). "César Carballeira se fractura la tibia y el peroné y tendrá que operarse". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 13 de outubro de 2020. 
  6. "La recuperación en tiempo récord del jugador del Reus Miró César Carballeira" (en castelán). 13 de decembro de 2019. Consultado o 13 de outubro de 2020. 
  7. Iglesias, Ana (11 de maio de 2020). "César Carballeira, nuevo jugador del Liceo: «La decisión de la federación no ha beneficiado a nadie»" (en castelán). Consultado o 13 de outubro de 2020. 
  8. "O Liceo gaña a décima Copa do Rei". 13 de xuño de 2021. Consultado o 18 de xuño de 2021. 
  9. "España gana la Copa Latina con una gran actuación de los coruñeses César Carballeira e Ignacio Alabart" (en castelán). 2 de abril de 2018. Consultado o 13 de outubro de 2020. 
  10. "3-4: Ángola derrota a España en la Copa de Naciones". Mundo Deportivo (en castelán). 17 de abril de 2019. Consultado o 13 de outubro de 2020. 
  11. "España supera a Francia en la prórroga y revalida el título". DxT Campeón (en castelán). 20 de novembro de 2021. Consultado o 22 de novembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar