Jordi Bargalló i Poch

Jordi Bargalló i Poch, nado en Sant Sadurní d'Anoia o 5 de decembro de 1979, é un xogador de hóckey a patíns catalán, que ocupa a demarcación de medio e que actualmente xoga no UD Oliveirense de Portugal.

Jordi Bargalló i Poch
Jordi Bargalló - 01.jpg
Nacemento5 de decembro de 1979
 Sant Sadurní d'Anoia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxogador de hóckey a patíns
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Debutou no club da súa cidade natal, o Noia Freixenet en 1997, e permaneceu no club 5 tempadas. Na tempada 2002/2003 asina por primeira vez co HC Liceo, proclamándose campión da Copa de Europa. Na tempada 2006/2007 pasa a formar parte do Igualada HC, retornando dúas campañas máis tarde ao equipo galego do HC Liceo, equipo do que foi capitán. Xogou nel ate a tempada 2015/2016 (7 campaña), na cal proclamou que ía marchar do HC Liceo facendo así que o mercado se disparase. Ao final da tempada acabou por fichar polo U.D. Oliveirense, de Portugal.

Foi internacional pola selección española, formando parte do equipo campión do Campionato do Mundo "A" (2005 e 2009) e do Campionato de Europa (2006 e 2008).

EquiposEditar

PalmarésEditar

CE NoiaEditar

HC LiceoEditar

Selección cataláEditar

Selección españolaEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar