Copa de Europa de hóckey a patíns 2002-2003

A trixésimo oitava edición da Copa de Europa de hóckey a patíns masculina comezou o 2 de novembro do 2002 cos partidos de ida da fase previa e rematou o 11 de maio do 2003 coa disputa da final a catro na cidade da Coruña (Galiza). O campión desta edición foi o equipo galego do H.C. Liceo, que conseguiu alzar a súa cuarta Copa de Europa logo de derrotar na final ao Igualada HC por 4 goles a 3 logo da quenda de penaltis.

Modelo:Competición deportivaCopa de Europa de hóckey a patíns 2002-2003
Tipotempada deportiva Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
Período de tempotempada 2002-2003 Editar o valor em Wikidata

Sistema de competición

editar

Esta edición da máxima competición continental constou de catro fases: unha fase previa, unha primeira rolda, unha fase de grupos e unha final a catro (Final Four).

Nas dúas primeiras fases, os equipos participantes se enfrontaron en partido a dobre volta. Na fase previa participaron catro equipos, clasificándose dous deles para a primeira rolda, na que tomaron parte oito equipos que se enfrontaron en partido a dobre volta.

Durante a fase de grupos, cada equipo se enfrontou a dobre volta (ida e volta) contra os outros tres integrantes do seu grupo. Cada vitoria sumou 2 puntos, o empate repartiu un punto a cada un dos equipos, e a derrota non sumaba ningún punto. Os dous mellores equipos de cada un dos dous grupos ao final das seis xornadas desta fase clasificáronse para a Final Four.

A Final Four disputouse na cidade da Coruña (Galiza) os días 10 e 11 de maio do 2003 co formato de partidos a eliminación directa, proclamándose campión o equipo que gañou os dous partidos da fase final.

Resultados

editar

Fase previa

editar
Equipo 1 Equipo 2 Ida Volta
  RHC Dornbirn   RSC Cronenberg 1-5 2-25
  Nantes ARH   RC Uttigen 3-2 2-7

Primeira rolda

editar
Equipo 1 Equipo 2 Ida Volta
  Igualada HC   SCRA Saint Omer 10-1 7-3
  SC Thunerstern   FC Porto 3-6 1-8
  SL Benfica   RHC Genève 10-1 3-1
  H Novara   RSC Cronenberg 5-2 5-4
  Quévert   RC Uttigen 2-4 4-3
  Blanes HC   H.C. Liceo 2-3 2-2
  Bassano   FC Barcelona 0-8 2-11
  OC Barcelos   Prato 4-3 4-6

Fase de grupos

editar

Grupo A

editar
Equipo Pts PX PG PE PP GF GC DG
  FC Barcelona 11 6 5 1 0 31 7 +14
  Primavera Prato 9 6 4 1 1 32 19 +9
  SL Benfica 4 6 2 0 4 15 23 +3
  Hockey Novara 0 6 0 0 6 7 36 -26
BAR BEN NOV PRA
FC Barcelona 6-1 6-2 9-1
SL Benfica 1-4 2-1 6-7
Hockey Novara 1-5 1-4 1-6
Primavera Prato 1-1 4-1 13-1

Grupo B

editar
Equipo Pts PX PG PE PP GF GC DG
  Igualada HC 9 6 4 1 1 28 10 +14
  H.C. Liceo 8 6 4 0 2 24 15 +9
  FC Porto 7 6 3 1 2 26 22 +3
  RC Uttigen 0 6 0 0 6 10 41 -26
IGU LIC POR UTT
Igualada HC 3-1 7-2 12-0
H.C. Liceo 4-0 3-4 7-1
FC Porto 2-2 10-2
RC Uttigen 1-4 3-4 3-4

Final Four

editar
  Semifinais Final
             
10 de maio - Pazo dos Deportes de Riazor, A Coruña (Galiza)
   H.C. Liceo 1 (3 logo dos penaltis)  
   FC Barcelona 1 (1 logo dos penaltis)  
 
11 de maio - Pazo dos Deportes de Riazor, A Coruña (Galiza)
       H.C. Liceo 2 (3 logo da prórroga e 4 logo dos penaltis)
     Igualada HC 2 (3 logo da prórroga e dos penaltis)
10 de maio - Pazo dos Deportes de Riazor, A Coruña (Galiza)
   Igualada HC 1(4 logo dos penaltis)
   Primavera Prato 1 (3 logo dos penaltis)  


Campión
  H.C. Liceo