O Nantes Atlantique Rink Hockey, ou NARH é un dos dous equipos de hóckey a patíns da localidade de Nantes (Países do Loira) xunto con Association Sportive de Toutes Aides) e un dos catro clubs da área da cidade xunto coa Amicale Laïque des Couëts de Bouguenais e a Amicale Laïque de Saint Sébastien.

Nantes Atlantique RH
CidadeNantes, Países do Loira
Historia1991
Fundado1991
PavillónSalle du Croissant (600)
PresidenteFrançois Terrien
CompeticiónNational 1
Títulos
Nationale 11 (1994-95)
Cores          Azul e branco
Na rede
http://narh.free.fr e http://narh.fr/
Facebook: Nantes-ARH-Rinkhockey-763699977345556 Editar o valor em Wikidata
Sitio web
Sitio web oficial

Historia editar

O club foi fundado en 1991 trala fusión de dous clubs da cidade para tentar ter un equipo na elite do hóckey francés. O seu equipo sénior foi evolucionando nestes 20 anos ata chegar á Nationale 1, liga que gañou na tempada 1994-95. Ao longo da súa historia participou en varias ocasións en competicións europeas, aínda que non conseguiu gañar ningún título continental. O seu mellor resultado na Copa de Francia da tempada 2008-09 cando chegou á semifinal, onde perdeu fronte ao HC Quévert por 4 a 1.

Palmarés editar

1 Nationale 1: 1994-95

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar