Marc Grau Tallada

xogador de hóckey a patíns español

Marc Grau Tallada, nado en Lloret de Mar o 28 de decembro de 1995, é un xogador de hóckey a patíns español, que xoga de dianteiro no FC Barcelona.

Infotaula de personaMarc Grau Tallada
Biografía
Nacemento28 de decembro de 1995 Editar o valor em Wikidata (28 anos)
Lloret de Mar, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de hóckey a patíns Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2013-2018 C.H. Lloret
2018-2019 Club Esportiu Noia
2019-2022 Hockey Club Liceo da Coruña
2022- Futbol Club Barcelona Hóquei a patíns Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsCarles Grau Tallada Editar o valor em Wikidata

É irmán de Carles, Álex e Lluis Grau, todos eles xogadores da OK Liga.

Traxectoria editar

Iniciouse no hóckey a patíns seguindo os pasos de seu irmán máis vello Carles. Formouse no CH Lloret, co que debutou na OK Liga e co que xogou varias tempadas na máxima categoría, compartindo equipo cos seus outros dous irmáns, Álex e Lluis.[1] En maio de 2018, despois de ser o máximo goleador do equipo na tempada, fichou polo CE Noia, onde militou durante un ano.[2]

En 2019 fichou polo HC Liceo, xunto a seu irmán Carles, compartindo equipo por primeira vez.[3] Xunto a eles chegaron á Coruña outro par de irmáns, os xemelgos Bruno e Roberto Di Benedetto.[4] Na súa primeira tempada no club galego acabou subcampión da OK Liga, despois de que os play-offs foran cancelados por mor da pandemia por coronavirus,[5] subcampionato que repetiu na tempada seguinte, na que gañou a Copa do Rei. Na campaña 2021/22 proclamouse campión de liga, despois de derrotar na final ao Reus, contribuíndo con 19 goles.

No verán de 2022 tanto el como seu irmán ficharon polo FC Barcelona,[6] comezando a tempada co título da Supercopa de España.[7]

Palmarés editar

Liceo da Coruña
FC Barcelona

Notas editar

  1. "La batalla dels quatre germans Grau" (en catalán). 6 de novembro de 2019. Consultado o 2 de decembro de 2020. 
  2. "Marc Grau, primer refuerzo del Noia Freixenet". Mundo Deportivo (en castelán). 28 de maio de 2018. Consultado o 2 de decembro de 2020. 
  3. ""Nos falta uno para el equipo"". La Opinión A Coruña (en castelán). 5 de novembro de 2019. Consultado o 2 de decembro de 2020. 
  4. Varela, María (26 de febreiro de 2019). "As fichaxes, de dúas en dúas". La Opinión A Coruña. Consultado o 2 de decembro de 2020. 
  5. "La FEP da por finalizada la competición de la OK Liga". DxT Campeón (en castelán). 3 de maio de 2020. Consultado o 2 de decembro de 2020. 
  6. "Marc Grau sigue los pasos de su hermano: deja el Liceo y ficha por el Barça". Marca (en castelán). 11 de xullo de 2022. Consultado o 18 de marzo de 2023. 
  7. "4-0: Revancha del Barça ante el Reus para alzar la Supercopa de España". Mundo Deportivo (en castelán). 3 de setembro de 2022. Consultado o 18 de marzo de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar