Carles Grau Tallada

xogador de hóckey a patíns español

Carles Grau Tallada, nado en Lloret de Mar o 10 de marzo de 1990, é un farmacéutico e xogador de hóckey a patíns español, que xoga de porteiro no FC Barcelona.[1]

Infotaula de personaCarles Grau Tallada
Biografía
Nacemento10 de marzo de 1990 Editar o valor em Wikidata (34 anos)
Lloret de Mar, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de hóckey a patíns Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Deporte base
2007-2008 C.H. Lloret
2008-2010 Futbol Club Barcelona Hóquei a patíns Editar o valor em Wikidata
  Equipo enllaç= enllaç=
- Selección de hóckey a patíns masculina de España
2010-2011 C.E. Vendrell
2011-2016 Club Patí Vic
2016-2019 Futebol Clube do Porto
2019-2022 Hockey Club Liceo da Coruña
2022- Futbol Club Barcelona Hóquei a patíns Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsMarc Grau Tallada Editar o valor em Wikidata

É irmán máis vello de Marc, Álex e Lluis Grau, todos eles xogadores da OK Liga.

Traxectoria editar

Tras probar no judo, comezou a xogar ao hóckey a patíns, deporte ao que se acabarían dedicando tamén os seus irmáns máis novos, Álex, Lluis e Marc.[1] Formouse como xogador no equipo da súa vila, o C.H. Lloret, co que debutou na OK Liga. Na tempada 2008/09 fichou polo FC Barcelona, co que xogou dúas tempadas, gañando dúas ligas, unha Supercopa de España, unha Copa de Europa, unha Copa Intercontinental e unha Copa Continental.

Tras xogar no CE Vendrell na tempada 2010/11, recalou ao ano seguinte no CP Vic, onde militou durante cinco tempadas. Co Vic xogou unha final da Copa CERS contra o Vendrell en 2013,[2] e en marzo de 2015 conquistou a Copa do Rei, tras derrotar na final ao FC Barcelona, e sendo elixindo mellor xogador do torneo.[3][4] En 2016 marchou para Portugal para xogar no FC Porto. Nas súas tres tempadas no club luso gañou dúas ligas portuguesas, dúas Copas, dúas Supercopas e foi dúas veces subcampión de Europa, tras perder as finais de 2017/18 e 2018/19 fronte a FC Barcelona e Sporting CP respectivamente.[5]

En 2019 fichou polo HC Liceo, xunto a seu irmán Marc, pasando a xogar por primeira vez no mesmo equipo.[6] Xunto a eles chegaron á Coruña outro par de irmáns, os xemelgos Bruno e Roberto Di Benedetto.[7] Na súa primeira tempada no club galego acabou subcampión da OK Liga, despois de que os play-offs foran cancelados por mor da pandemia por coronavirus,[8] subcampionato que repetiu na tempada seguinte, na que gañou a Copa do Rei. Na campaña 2021/22 proclamouse campión de liga, despois de derrotar na final ao Reus, e foi elixido mellor porteiro do campionato.[9] Ao remate da competición deixou A Coruña para regresar despois de máis dunha década ao FC Barcelona, pasando a ocupar o oco deixado polo histórico Aitor Egurrola.[10]

Selección española editar

Conquistou coa selección española dúas Copas Latinas en 2010 e 2012, e en 2013 o Campionato do Mundo celebrado en Angola.[11][12] Foi ademais subcampión do mundo en 2015 e obtivo o bronce europeo en 2016.

Palmarés editar

FC Barcelona
CP Vic
FC Porto
Liceo da Coruña


Selección española
Individual

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Carlos Grau, el farmacéutico que guarda la receta del liderato del Liceo". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de outubro de 2019. Consultado o 2 de decembro de 2020. 
  2. Gallén, Carlos (12 de maio de 2013). "El Moritz Vendrell se emborracha con la Copa CERS". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2020. 
  3. "El Vic sorprende al Barça y gana su cuarta Copa del Rey (2-1)" (en castelán). 1 de marzo de 2015. Consultado o 2 de decembro de 2020. 
  4. "El lloretenc Carles Grau, escollit MVP de la Copa del Rei d’hoquei patins" (en catalán). 2 de marzo de 2015. Consultado o 2 de decembro de 2020. 
  5. "El Sporting, campeón de Europa 42 años después" (en castelán). 12 de maio de 2019. Consultado o 2 de decembro de 2020. 
  6. ""Nos falta uno para el equipo"". La Opinión A Coruña (en castelán). 5 de novembro de 2019. Consultado o 2 de decembro de 2020. 
  7. Varela, María (26 de febreiro de 2019). "As fichaxes, de dúas en dúas". La Opinión A Coruña. Consultado o 2 de decembro de 2020. 
  8. "La FEP da por finalizada la competición de la OK Liga". DxT Campeón (en castelán). 3 de maio de 2020. Consultado o 2 de decembro de 2020. 
  9. "Premios de tempada para Juan Copa, Di Benedetto, Carles Grau e Dava Torres" (en castelán). 23 de xuño de 2022. Consultado o 26 de xuño de 2022. 
  10. "OFICIAL: Carles Grau, nuevo portero del Barça". Sport (en castelán). 8 de xullo de 2022. Consultado o 16 de marzo de 2023. 
  11. "La selección de hockey sobre patines, ante el reto del quinto mundial consecutivo" (en castelán). 17 de setembro de 2013. Consultado o 2 de decembro de 2020. 
  12. "España derrota a Argentina 4-3 y gana su quinto Mundial consecutivo de hockey patines" (en castelán). 29 de setembro de 2013. Consultado o 2 de decembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar