O AC Ordes é un equipo de hóckey a patíns da localidade de Ordes (Galiza). O AC Ordes é o continuador do antigo Club Patín Ordes (desaparecido no 2003 ao pasar a formar parte do novo club), un club que competira varios anos na segunda categoría do hóckey a patíns español, a Primeira División Estatal, e que conseguira importantes logros en boa parte das súas categorías.

A.C. Ordes
CidadeOrdes, Galicia Galicia
Historia2003
Fundado2003
PavillónPavillón Municipal Castelao (1.000)
PresidenteGalicia María Jesús García Prieto
AdestradorMarcos Rey
CompeticiónPrimeira Galega
Cores          Verde e azul
Sitio web
Sitio web oficial

En abril de 2011 o AC Ordes conseguiu o ascenso á Primeira División, segunda categoría do hóckey a patíns español logo de superar na fase de ascenso do sector norte a FM Roller Oviedo (12-5), Real Club Josaleta (2-5) e San Antonio (7-3),[1] e deixou practicamente asegurado o ascenso logo da dobre xornada disputada o sábado 29 de abril.[2] Con todo o club renunciou por motivos económicos a competir na categoría logo de conseguir a permanencia ma tempada 2011-12.[3]

Xogadores editar

2011-12 editar

  •   "Tote"
  •   Gonzalo Louro
  •   Andrés García
  •   Óscar Castro
  •   Manuel Pérez

Adestrador: Marcos Rey

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar