Tempada 2009-2010 da OK Liga

A 41ª edición da Liga española de hóckey a patíns, denominada OK Liga, iniciouse o 23 de setembro do 2009 e finalizou o 12 de xuño do 2010. A novidade desta edición respecto de edicións pasadas foi a eliminación do play-off, polo que o campión da Liga Regular foi o campión da competición. Os equipos ascendidos de 1ª foron o CP Cerceda, o Sidorme Hotels GEiEG e o Caixa Penedès Vilafranca. O campión desta edición da liga foi o FC Barcelona, que gañou o seu 23º título (13º de xeito consecutivo).

O equipo máis goleador foi o Coinasa Liceo con 159 goles, o menos goleador foi o Caixa Penedès Vilafranca con 75 goles. O equipo menos goleado foi o Barcelona Sorli Discau con 63 goles encaixados, mentres que o Astral Poo Maçanet foi o equipo máis goleado da competición con 148. Pablo Álvarez (HC Liceo) e Toni Pérez (CP Cerceda) compartiron o "pichichi" con 43 goles cada un. O MVP da liga foi Marc Gual (HC Liceo).

Ao finalizar a liga, os catro equipos descendidos foron o CP Cerceda, Grup Castillo Lleida, Astral Pool Maçanet e o Caixa Penedès Vilafranca.

Participantes editar

 

Clasificación editar

Pos Equipo Pts PX PG PE PP GF GC DG
1 Barcelona Sorli Discau 76 30 25 1 4 146 63 +83
2 Coinasa Liceo 72 30 23 3 4 159 79 +80
3 Roncato Vic 70 30 22 4 4 123 77 +46
4 Tecnol Reus Deportiu 53 30 16 5 9 133 99 +34
5 Grup Lloret 52 30 16 4 10 101 87 +14
6 Vilanova L'Ull Blau 52 30 15 7 8 122 112 +10
7 Noia Freixenet 43 30 13 4 13 105 107 -2
8 Cemento Teide P. Tenerife 41 30 12 5 13 102 99 +3
9 Sather Blanes 38 30 11 5 14 107 108 -1
10 Proinosa Igualada 34 30 9 7 14 104 117 -13
11 Enrile PAS Alcoi 32 30 9 5 16 113 143 -30
12 Sidorme Hotels GEiEG 32 30 10 2 18 99 112 -13
13 CP Cerceda 31 30 9 4 17 94 133 -39
14 Grup Castillo Lleida 30 30 9 3 18 98 138 -40
15 Astral Pool Maçanet 18 30 5 3 22 80 148 -68
16 Caixa Penedès Vilafranca 13 30 3 4 23 75 139 -64

Lenda editar

Pts = Puntos totais
PX = Partidos xogados
PG = Partidos gañados
PE = Partidos empatados
PP = Partidos perdidos

 

GF = Goles a favor
GC = Goles en contra
DG = Diferenza de goles (GF-GC)
Resaltado en verde = Equipo campión de liga.
Resaltados en vermello = Equipos que descenden de categoría.

 

Resultados editar

ALC BAR BLA CEC GIR IGU LIC LLE LLO MAÇ NOI REU TEN VIC VIF VIL
Enrile PAS Alcoi 2-3 2-5 9-10 4-3 2-6 3-5 4-3 7-3 5-4 4-4 3-2 6-1 2-3 4-5 3-6
Barcelona Sorli Discau 7-1 4-1 6-1 4-3 6-0 1-2 8-3 8-5 7-2 9-1 7-2 5-2 5-1 4-0 3-2
Sather Blanes 2-3 3-5 3-4 2-2 8-5 2-7 5-3 5-2 6-2 4-0 4-5 2-5 7-3 3-0 2-2
CP Cerceda 5-5 3-8 3-5 5-4 2-2 4-8 3-4 5-3 3-1 2-6 1-0 2-3 4-5 7-2 4-4
Sidorme Hotels GEiEG 4-4 2-3 4-0 8-1 3-1 0-4 4-3 3-5 4-5 3-4 7-4 3-2 2-6 5-2 5-6
Proinosa Igualada 5-6 1-5 3-4 4-3 5-1 4-4 2-3 2-2 4-2 6-5 4-5 4-4 2-2 7-5 5-5
Coinasa Liceo 8-2 0-5 6-2 6-2 5-2 3-2 8-2 6-2 10-3 5-2 3-2 5-3 3-1 9-4 7-2
Grup Castillo Lleida 5-5 1-5 6-6 3-3 4-5 1-4 3-11 3-7 5-2 4-3 2-5 5-4 4-5 5-2 4-7
Grup Lloret 2-1 3-2 4-4 3-1 4-1 4-2 1-5 7-3 5-0 3-2 3-1 6-2 2-3 3-2 5-1
Astral Pool Maçanet 3-6 4-5 2-1 3-4 5-4 3-6 1-6 2-6 1-1 2-2 0-6 3-3 4-9 6-1 5-9
Noia Freixenet 7-4 2-3 4-3 3-4 3-1 10-3 5-4 1-2 4-3 5-3 3-5 3-3 1-0 6-2 5-4
Tecnol Reus Deportiu 7-3 2-5 5-5 6-2 8-3 4-4 6-5 8-3 1-0 7-4 7-4 1-1 1-3 8-2 4-5
Cemento Teide Tenerife 4-2 6-4 7-2 7-3 5-2 3-2 5-2 4-1 2-4 6-1 1-2 2-5 3-5 2-2 4-2
Roncato Vic 8-4 4-2 5-3 6-0 3-0 5-2 4-4 2-1 6-3 5-3 3-1 3-3 3-2 4-4 7-1
Caixa Penedès Vilafranca 4-4 1-4 1-5 4-2 2-4 3-5 2-6 2-3 1-2 2-3 5-5 3-8 7-2 1-3 2-5
Vilanova L'Ull Blau 9-3 3-3 4-3 2-1 3-7 4-2 2-2 4-3 3-3 5-1 4-2 5-5 5-4 3-6 5-2
Campión
FC Barcelona

Máximos goleadores editar

Xogador Equipo Goles
Pablo Álvarez Coinasa Liceo 43
Toni Pérez CP Cerceda 43
Toni Seró Grup Castillo Lleida 41
Raül Marín Vilanova L'Ull Blau 38
Marc Roca Astral Pool Maçanet 38
Marc Torra Roncato Vic 37
Jordi Bargalló Coinasa Liceo 36
"Titi" Roca Roncato Vic 35

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar