José Ramón López
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
José Ramón López Regos, nado o 23 de maio de 1983 en Ordes, é un xogador de hóckey a patíns galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de maio de 1983 (41 anos) Ordes, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarJosé Ramón comezou a xogar ao hóckey a patíns aos 5 anos de idade no extinto Club Patín Ordes. Aos 17 anos o HC Liceo fixouse nel, levándoo para A Coruña, onde chegou a debutar co primeiro equipo. Dúas tempadas despois, asinou polo CP Alcobendas, club ao cal estivo vencellado catro anos (dous na OK Liga e dous en Primeira). Logo desta etapa en Madrid, o dianteiro ordense marchou un ano ao PAS Alcoi da OK Liga, volvendo despois ao Liceo "B" (daquela denominado Cerceda Liceo), conseguindo o ascenso á OK Liga co filial liceísta. Coa fundación do Club Patín Cerceda como club independente do Liceo para poder xogar na OK Liga, José Ramón pasou a formar parte do novo club.
No 2018 ingresou no A.C. Ordes, equipo no que xoga e adestra.[cando?]
José Ramón ten sido internacional coa selección española en categorías inferiores, proclamándose dúas veces Campión de Europa coa selección española Júnior, en Francia (2001) e en Italia (2002).
Palmarés
editarSelección española
editarA.C. Ordes
editar- 1 Copa Federación senior: 2019
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |