Abrir o menú principal

Pablo Cancela Moll, nado na Coruña o 3 de agosto de 1988, é un xogador galego de hóckey a patíns que actualmente xoga no Hockey Club Forte dei Marmi da cidade toscana de Forte dei Marmi, club ao que chegou procedente do PAS Alcoi.

Pablo Cancela
Nacemento8 de marzo de 1988
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndeportista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Antonio Cancela (porteiro nos mellores anos do Dominicos) e neto de Dagoberto Moll (antigo xogador do Deportivo da Coruña) comezou a práctica do hóckey a patíns no Sta. María do Mar (A Coruña) na categoría de pre-benxamín en 1992, e permaneceu ata a o 2001, cando pasou á disciplina do Dominicos de A Coruña, club no que permaneceu durante tres anos, os dous primeiros na categoría infantil e o terceiro en xuvenís. Na tempada 2002-03 proclamouse campión de España coa selección de Galiza. Entre o 2004 e o 2007, no seu segundo ano de xuvenil fichou polo H.C. Liceo, equipo co que gañou dous campionatos de España júnior (2006 e 2007). No 2007 pasou a formar parte do cadro de xogarores do Vigo Stick, que daquela militaba na Primeira División, no equipo vigués permaneceu ata a tempada 2009-10, cando fichou polo Patín Cerceda co que xogou na OK Liga. Xogou na temporada 2010-2011 no PAS Alcoi da OK Liga e agora milita na máxima categoría do xoquei italiano no Hockey Club Forte dei Marmi.

EquiposEditar

PalmarésEditar

Selección galegaEditar

  • 1 Campionato de España júnior: 2006

Selección españolaEditar

  • 2 Campionatos de Europa xuvenís: 2003 e 2004
  • 1 Campionato de Europa júnior: 2006
  • 1 Campionato do Mundo Sub-21: 2007
  • Campión da Taça Latina: 2010
  • 1 subcampionato de Europa júnior: 2005

Véxase taménEditar