Érico Veríssimo

escritor brasileiro

Erico Lopes Verissimo, nado en Cruz Alta o 17 de decembro de 1905[1] e finado en Porto Alegre o 28 novembro de 1975, foi un dos escritores brasileiros máis populares do século XX.[2][3]

Érico Veríssimo
Retrato-erico-revista-do-globo-reproducao.jpg
Nacemento17 de decembro de 1905
 Cruz Alta
Falecemento28 de novembro de 1975
 Porto Alegre
Causainfarto agudo de miocardio
NacionalidadeBrasil
Ocupaciónlingüista, tradutor, escritor, novelista e xornalista
FillosLuis Fernando Verissimo
editar datos en Wikidata ]

BiografíaEditar

Familia e xuventudeEditar

 
A casa da familia de Érico en Cruz Alta (Río Grande do Sur), hoxe un museo da Fundación Érico Verissimo.

De familia acomodada que se arruinou, Érico Verissimo era fillo do farmacéutico Sebastião Verissimo da Fonseca (1880-1935) e da dona de casa Abegahy Lopes (dita "dona Bega"). Tiña un irmán máis novo, Ênio (1907), e unha irmá adoptiva, Maria.[2] Cando tiña catro anos de idade, Érico ficou gravemente doente e, tras ser levado a varios médicos, foi finalmente diagnosticado con meninxite complicada con broncopneumonía polo médico Olinto de Oliveira, cuxo tratamento salvou a súa vida. Durante a súa infancia, estudou no Colexio Venâncio Aires, en Cruz Alta, onde foi un alumno educado e tranquilo, frecuentaba o cinema e observaba o pai traballando. Ao redor de 1914, con case dez anos, Érico creou unha "revista", Caricatura, na cal facía deseños e escribía pequenas notas.[4]

Aos trece anos, Érico xa lía autores brasileiros, como Aluísio Azevedo e Joaquim Manuel de Macedo, e estranxeiros, como Walter Scott, Émile Zola e Fiódor Dostoiévski. En 1920, foi matriculado no extinguido Colexio Cruceiro do Sur (hoxe Colexio IPA), un internado de orientación protestante de Porto Alegre, deixando a súa noiva Vânia en Cruz Alta. No novo colexio, Verissimo foi por moito tempo o primeiro alumno da súa clase, aínda que tivese aversión á matemática.[2].O seu último ano lectivo, o mozo Érico chegou a sufrir de claustrofobia e de pesadelos. En decembro de 1922, terminados os estudos do fillo, os seus pais separáronse; as diferenzas da parella eran notábeis: Sebastião era un home gastador e mullreiro e dona Bega, unha muller económica e reclusa. Érico, a súa nai e seus irmáns pasaron entón a morar na casa dos avoas maternos. Endebedado, o pai perdeu a propiedade da farmacia. O ano seguinte, Érico empregouse como no almacén do tío Américo Lopes e, despois, no Banco Nacional do Comercio. Durante ese tempo, transcribía obras de Euclides da Cunha e de Machado de Assis, de entre outros escritores, e tomou gusto pola música lírica. Tamén afondou máis aínda na lectura de escritores nacionais e estranxeiros. En 1924, para que o irmán Ênio puidese estudar no ginásio, a familia mudouse para a capital gaúcha, mais, tras un ano de extremas dificultades financeiras, retornou a Cruz Alta. En 1926, Érico fíxose socio da Farmacia Central, xunto cun amigo de seu pai, mais o novo emprendemento fallou en 1930, deixando unha débeda que só conseguiría liquidar dezasete anos despois. Alén de farmacéutico, Érico tamén traballou como profesor de literatura e lingua inglesa na época.

En 1927, Verissimo coñeceu a súa futura esposa, Mafalda Halfen Volpe, entón con quince anos, e os dous ficaron noivos en 1929. Ese mesmo ano, Érico publicou o seu primeiro texto: Chico: um Conto de Natal, na revista mensual "Cruz Alta en Revista". Axiña, o eu amigo Manuelito de Ornelas enviou os contos Ladrão de Gado e A Tragédia dum Homem Gordo á Revista do Globo. E o xornal Correio do Povo publicou o conto A Lâmpada Mágica.[5]

Década de 1930Editar

 
Libraría e Editora Globo en Porto Alegre, onde Érico traballou e publicou as súas obras.

Nunha mañá de outubro de 1930, Érico despediuse de seu pai Sebastião, que comprometido na Revolución de 1930, resolveu mudarse para Santa Catarina. Foi a última vez que se viran.

Desempregado tras a quebra de súa farmacia, en decembro de 1930, Érico mudouse novamente para Porto Alegre, disposto a vivir dos seus escritos. Mafalda, a súa noiva, permaneceu en Cruz Alta. Verissimo entón foi contratado como secretario de redacción da Revista do Globo e, no seu tempo libre, encontrábase con intelectuais da época, como Mário Quintana e Augusto Meyer, no bar Antonello, no centro da capital.

En 1931, Érico regresa a Cruz Alta para casar con Mafalda, e os dous pasan a morar en Porto Alegre, onde Érico obtivera certa estabilidade financeira. Tiveron dous fillos: Clarissa Verissimo (1935) e o tamén escritor Luis Fernando Verissimo (1936). O casamento deles foi duradeiro, e Érico escribiu máis tarde que, sen a paciencia e o bo senso da esposa, a súa carreira de escritor sería imposíbel.

Para complementar o orzamento da Revista do Globo, Verissimo comezou a traducir libros do inglés para o portugués. A primeira tradución foi da obra O Sineiro (The Ringer), de Edgar Wallace. Alén de traducir, pasou a colaborar para as edicións dominicais dos xornais Diário de Notícias e Correio do Povo. Promovido a director da Revista do Globo en 1932, Érico comezou a indicar máis libros estranxeiros para tradución e publicación. O mesmo ano, el publica a súa obra de estrea, Fantoches, unha colectánea de contos, na súa maioría na forma de pequenas pezas de teatro. Con todo, as vendas do libro non foron boas, e un incendio destruíu o local onde estaban almacenados os exemplares restantes.

En 1933, Érico Verissimo traduciu o célebre libro Contraponto (Point Counter Point), de Aldous Huxley, e publicou a súa primeira novela: Clarissa, cuxos sete mil exemplares foron vendidos en cinco anos. A súa segunda novela, Caminhos Cruzados, publicado en 1935, chegou a ser considerado subversivo pola Igrexa Católica e polo Departamento de Orde Pública e Social, levando o seu autor a ser interrogado pola policía respecto á súa orientación política.

En 1936, Érico publicou dúas novelas que eran continuacións de Clarissa: Música ao Longe, polo cal gañou o Premio Machado de Assis, e Um Lugar ao Sol.[6] Alén diso, creou, na Radio Farroupilha, un programa infantil, O Club dos Tres Porquinhos, que saíu do ar cando o Estado Novo estaba a piques de sometelo ao departamento de censura.

En 1938, Érico Verissimo publicou súa primeira obra de repercusión nacional e internacional, Ollai os Lírios do Campo, que foi traducido do inglés ao indonesio.

Posso afirmar que só depois do aparecimento de Olhai os Lírios do Campo é que pude fazer profissão da literatura.

Érico entón asumiu a función de conselleiro literario da Editora Globo, seleccionando, ao lado de Henrique Bertaso, máis escritores estranxeiros, como Thomas Mann, Virginia Woolf, Balzac, entre outros, para seren traducidos e participando da creación das coleccións Nobel e Biblioteca dos Séculos, que tiveron gran éxito.

Década de 1940Editar

En 1940, despois do éxito de Ollai os Lírios do Campo, Érico Verissimo publicou Saga, considerado polo propio autor como a súa peor novela.

En 1941, Érico Verissimo morou por tres meses nos Estados Unidos para proferir conferencias, nunha estadía financiada polo Departamento de Estado como parte da Política da Boa Veciñanza, do goberno de Franklin Roosevelt. De volta ao Brasil, presenciou un incidente real que o inspirou a escribir o seu libro seguinte: nun paseo pola Rúa da Praia con seu irmán, Érico testemuñou a caída dunha muller do alto dun edificio. Dous anos despois, publicou a novela O Resto É Silêncio, cuxo punto de partida é o suicidio dunha muller que se lanza dun edificio. O libro recibiu fortes críticas do clero.

En 1943, mudouse coa familia para os Estados Unidos novamente, a convite do Departamento de Estado, desta vez para unha estada de dous anos, durante os cales deu clases de Literatura Brasileira na Universidade da California en Berkeley. Sobre esas viaxes ao exterior, Érico escribiu dous libros: Gato negro em campo de neve (1941) e A volta do gato negro (1947). Érico tamén aceptara o convite para traballar nos Estados Unidos porque discordaba da política da ditadura de Getúlio Vargas.

Foi a partir 1947 que Érico Verissimo comezou a escribir súa obra prima, a triloxía O Tempo e o Vento. A idea inicial do escritor era reunir douscentos anos da historia do Río Grande do Sur (1745 a 1945) nun único volume; porén, ao final, escribiu tres volumes,en total 2,2 mil páxinas. O primeiro volume, O Continente, foi publicado en 1949 e marca o momento máis importante da carreira de Veríssimo. Do Continente saíron algúns personaxes primordiais e bastante populares entre os seus lectores, como Ana Terra e o Capitão Rodrigo Cambará.

Encóntrase colaboración da súa autoría na revista luso-brasileira Atlántico.[7]

Década de 1950Editar

 
O 5 de outubro de 1956.

En 1950, na praia de Torres, Érico Verissimo comezou a escribir o segundo volume de O Tempo e o Vento, titulado O Retrato, publicado o ano seguinte. Foi descrito por Érico como literariamente inferior a O Continente. En 1952, novamente en Torres, Érico tentou escribir o terceiro e último volume da triloxía, mais acabou publicando Noite en 1954, o cal tivo máis éxito no exterior. O mesmo ano, foi agraciado co premio Machado de Assis, pola Academia Brasileira de Letras.

Entre 1953 e 1956, Érico volveu a residir nos Estados Unidos, para asumir a dirección do Departamento de Asuntos Culturais da Organización dos Estados Americanos, en Washington. Neste cargo, sucedeu a Alceu Amoroso Lima. Nesa época, tentou de novo escribir a última parte de O Tempo e o Vento, sen éxito. Antes de embarcar de volta ao Brasil, Érico recibiu a noticia de que a súa filla era noiva dun americano, David Jaffe. Clarissa e David deron tres netos a Verissimo.

En 1957, en Porto Alegre, Érico tentou unha vez máis escribir o último volume de O Tempo e o Vento, chamado O Arquipélago, mais acabou dando inicio a México, narrando a súa viaxe a aquel país. Outra tentativa de finalizar O Arquipélago ocorreu en xaneiro de 1958, infructífera. En abril do mesmo ano, relatou ter sentido algún problema no corazón.

 
Érico Veríssimo, sen data. Arquivo Nacional.
 
Pôster de Érico Veríssimo nos seus últimos anos.

En 1961, Érico sufriu o seu primeiro infarto de miocardio. Tras un repouso absoluto, volve a traballar na obra O Arquipélago. Cando decide viaxar á Grecia coa esposa en 1962, Érico entrega O Arquipélago pronto para ser publicado. O día 12 de outubro de 1963, vítima de cancro de pulmón, faleceu a nai de Érico, aos setenta e oito anos. O ano seguinte, Luis Fernando Verissimo, inesperadamente, case con Lúcia Helena Masa, e eles tamén deron tres netos a Verissimo.

En 1965, Érico publicou a novela O Senhor Embaixador, no cal reflectía sobre os descamiños da América Latina. Gañou entón o Premio Jabuti, na categoría novela, da Cámara Brasileira de Libros. Publica a súa autobiografia en 1966, O Escritor diante do Espelho, que é ampliada máis tarde.

Na novela Incidente en Antares, de 1971, Érico trazou un mostrario da historia do Brasil desde os primeiros tempos e decidiuse polo fantástico, cunha rebelión de cadáveres durante unha folga de coveiros na ficticia cidade de Antares. En 1972, na conmemoración dos corenta anos de lanzamento de seu primeiro libro, Érico relanzou Fantoches, con deseños e notas de súa autoría.

En 1973, publica o primeiro volume de Solo de Clarineta, a súa segunda e ampliada autobiografia. O 28 de novembro de 1975, morre vítima dun infarto. A morte impediuno de completar o segundo volume de súa autobiografia, programada para ser unha triloxía, alén dunha novela que se chamaría A Hora do Sétimo Anjo.[8] O ano seguinte, foi publicado postumamente o segundo volume de Solo de Clarineta, organizado por Flávio Loureiro Chaves.

Por ocasión do falecimento de Érico, Carlos Drummond de Andrade publicou o poema A falta de Érico Verissimo. Está sepultado no Cemiterio San Miguel e Almas.

ObraEditar

Os principais libros de Érico Verissimo foron traducidos para o alemán, español, finlandés, francés, holandés, húngaro, indonesio, inglés, italiano, xaponés, norueguês, polaco, romanés, ruso, sueco e checo.

ContosEditar

  • Fantoches
  • As mãos de meu filho
  • O ataque
  • Os devaneios do general
  • O Navio das Sombras
  • Chico

NovelasEditar

  • Clarissa – 1933
  • Caminhos cruzados – 1935
  • Música ao longe – 1936
  • Um lugar ao sol – 1936
  • Olhai os lírios do campo – 1938
  • Saga – 1940
  • O resto é silêncio – 1943
  • O tempo e o vento (1ª parte) — O continente – 1949
  • O tempo e o vento (2ª parte) — O retrato – 1951
  • O tempo e o vento (3ª parte) — O arquipélago – 1962
  • O senhor embaixador – 1965
  • O prisioneiro – 1967
  • Incidente em Antares – 1971

Novela curtaEditar

  • Noite (a publicación en Portugal contén aínda "A Sonata", unha pequena historia sobre un solitario profesor de música que se ve transportado ao pasado, ao ano de seu nacemento, onde se apaixona por unha bela muller) – 1954

Literatura infanto xuvenilEditar

  • A vida de Joana d'Arc – 1935
  • As aventuras do avião vermelho – 1936
  • Os três porquinhos pobres – 1936
  • Rosa Maria no castelo encantado – 1936
  • Meu ABC – 1936
  • As aventuras de Tibicuera – 1937
  • O urso com música na barriga – 1938
  • A vida do elefante Basílio – 1939
  • Outra vez os três porquinhos – 1939
  • Viagem à aurora do mundo – 1939
  • Aventuras no mundo da higiene – 1939
  • Gente e bichos – 1956

Narrativas de viaxesEditar

  • Gato negro em campo de neve – 1941
  • A volta do gato negro – 1946
  • México – 1957
  • Israel em abril – 1969

AutobiografíasEditar

  • O escritor diante do espelho – 1966 (en "Ficção Completa")
  • Solo de clarineta – Memorias (1º volume) – 1973
  • Solo de clarineta – Memorias 2 – 1976 (ed. póstuma, organizada por Flávio L. Chaves)

EnsaiosEditar

  • Brazilian Literature – an Outline – 1945
  • Mundo velho sen porteira – 1973
  • Breve história da literatura brasileira – 1995 (tradución de Maria da Gloria Bordini)

BiografíaEditar

  • Um certo Henrique Bertaso – 1972

CompilaciónsEditar

As súas obras foron compiladas en tres ocasións:

  • Obras de Erico Verissimo – 1956 (17 volumes)
  • Obras completas – 1961 (10 volumes)
  • Ficção completa – 1966 (5 volumes)

TraduciónsEditar

Novelas
  • O sineiro (The Ringer), de Edgar Wallace – 1931
  • O círculo vermelho (The Crimson Circle), de Edgar Wallace – 1931
  • A porta das sete chaves (The Door with Seven Locks), de Edgar Wallace – 1931
  • Classe 1902 (Jahrgang 1902), de Ernst Glaeser – 1933
  • Contraponto (Point Counter Point), de Aldous Huxley – 1934
  • E agora, seu moço? (Kleiner Mann - was nun?), de Hans Fallada – 1937
  • Não estamos sós (We Are Not Alone), de James Hilton – 1940
  • Adeus Mr. Chips (Goodbye Mr. Chips), de James Hilton – 1940
  • Ratos e homens (Of Mice and Men), de John Steinbeck – 1940
  • O retrato de Jennie (Portrait of Jennie), de Robert Nathan – 1942
  • Mas não se mata cavalo? (They Shoot Horses, Don't They?), de Horace McCoy – 1947
  • Maquiavel e a dama (Then and Now), de Somerset Maugham – 1948
  • A pista do alfinete novo (The Clue of the New Pin), de Edgar Wallace – 1956
Contos
  • Psicologia (Psychology), de Katherine Mansfield – 1939 (Revista do Globo)
  • Felicidade (Bliss), de Katherine Mansfield – 1940
  • O meu primeiro baile (Her First Ball), de Katherine Mansfield – 1940 (Revista do Globo)

Documental sobre o autorEditar

  • Um contador de histórias - 1974 -Curtametraxe con dirección de David Neves e Fernando Sabino Narración: Hugo Carvana

Adaptacións de obrasEditar

Para o cinemaEditar

  • Mirad los lirios del campo, Argentina – 1947 Baseado en Olhai os lírios do campo Dirección de Ernesto Arancibia Roteiro: Túlio Demicheli. Actores: Jose Olara e Mauricio Jouvert
  • O sobrado, Brasil – 1956 Baseado en O tempo e o vento Dirección : Cassiano Gabus Mendes e Walter George Durst Actores: Rosalina Granja Lima e Lima Duarte
  • Um certo capitão Rodrigo, Brasil – 1970 Baseado en O tempo e o vento Dirección : Anselmo Duarte Actores: Francisco di Franco e Newton Prado
  • Ana Terra, Brasil – 1971 Baseado en O tempo e o vento Dirección : Durval Gomes Garcia Actores: Rossana Ghessa e Geraldo Del Rey
  • Noite, Brasil – 1985 Baseado en Noite Dirección : Gilberto Loureiro Actores: Paulo César Pereio, Cristina Aché e Eduardo Tornaghi
  • O Tempo e o Vento, Brasil - 2013 Baseado en O tempo e o vento Dirección : Jayme Monjardim Actores: Thiago Lacerda, Cléo Pires, Marjorie Estiano, Fernanda Montenegro

Para a televisiónEditar

  • O tempo e o vento, Brasil – 1967 Telenovela baseada na novela homónima Adaptado por Teixeira Filho Dirección: Dionísio Azevedo Actores: Carlos Zara, Geórgia Gomide e outros TV Excelsior
  • Olhai os lírios do campo, Brasil – 1980Telenovela baseada na novela homónimaAdaptado por Geraldo Vietri e Wilson Aguiar FilhoDirección: Herval RossanoActores: Cláudio Marzo, Nívea Maria, João Paulo Adour e outrosTV Globo
  • O resto é silêncio, Brasil – 1982Miniserie baseada na novela homónimaAdaptado por Mário PrataDirección: Arlindo PereiraActores: Carmem Monegal, Fernando Peixoto e outros
  • Música ao longe, Brasil – 1982Miniserie baseada na novela homónimaAdaptado por Mário PrataDirección: Edson BragaActores: Djenane Machado, Fausto Rocha e outrosTV Cultura
  • O tempo e o vento, Brasil – 1985Miniserie baseada na novela homónimaAdaptado por Doc ComparatoDirección: Paulo JoséActores: Tarcísio Meira, Glória Pires e outrosTV Globo
  • Incidente em Antares, Brasil – 1994Miniserie baseada na novela homónimaAdaptado por Charles Peixoto e Nelson NadottiDirección: Paulo JoséActores: Fernanda Montenegro, Paulo Betti e outrosTV Globo
  • O resto é silêncio, Brasil - 2005Teledramaturxia da RBS TV Cinco vezes Érico.Dirección: Marcio SchoenardieActores: Jairo de Andrade (Antônio Santiago), Cristina Kessler (Nora), Leonardo Barison (Roberto), Ida Celina (Lívia), Luciana Rossi (Joana Karewska), Nadya Mendes (Regina), Rodrigo Pessin (noivo), Marcelo Herrera (policial) RBS TV

Premios e títulosEditar

  • Premio Machado de Assis, da Cia. Editora Nacional, en 1934, por Música ao longe
  • Prêmio Fundação Graça Aranha por Caminhos cruzados
  • Título Doutor Honoris Causa, en 1944, polo Mills College, de Oakland, California, onde daba clases de Literatura e Historia do Brasil
  • Premio Machado de Assis, en 1954, concedido pola Academia Brasileira de Letras, polo conxunto de súa obra
  • Título de Cidadán de Porto Alegre, en 1964, revisado pola Câmara de Vereadores daquela cidade
  • Premio Jabuti – Categoría Novela, da Cámara Brasileira de Libros, en 1965, polo libro O senhor embaixador
  • Premio Intelectual do Ano (Trofeo Juca Pato), en 1968, concedido pola Folha de S.Paulo e pola Unión Brasileira de Escritores.

NotasEditar

  1. "Érico Veríssimo: biografia, obras e curiosidades". Toda Matéria (en portugués). Consultado o 2020-04-19. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Érico Veríssimo - Vida e obra de Érico Veríssimo". Brasil Escola (en portugués). Consultado o 2020-04-19. 
  3. "Biografia de Érico Veríssimo". eBiografia (en portugués). Consultado o 2020-04-19. 
  4. "Érico Veríssimo". educacao.uol.com.br (en portugués). Consultado o 2020-04-19. 
  5. "100 anos de Erico Verissimo". web.archive.org. 2011-05-23. Consultado o 2020-04-19. 
  6. "Érico Veríssimo". 
  7. "Atlántico" (PDF). hemerotecadigital.cm-lisboa.pt. 
  8. "Érico Veríssimo". 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Mary L. Daniel: Veríssimo, Érico. In: Irwin Stern (Hrsg.): Dictionary of Brazilian literature. Greenwood Press, Nova York 1988, ISBN 0-313-24932-6<, S. 361–362.
  • Massaud Moisés: História da literatura brasileira. Volume III: Modernismo (1922 - atualidade). 6. Auflage. Editora Cultrix, São Paulo 2001, ISBN 85-316-0195-9, S. 176–187.
  • Flávio Loureiro Chaves (Hrsg.): O contador de historias. 40 anos de vida literaria de Érico Veríssimo. Editora Globo, Porto Alegre 1972.
  • Flávio Loureiro Chaves: Érico Veríssimo, realismo e sociedade. Editora Globo, Porto Alegre 1976.
  • Daniel Fresnot: O pensamento político de Érico Veríssimo. Graal, Rio de Janeiro 1977.
  • Maria da Glória Bordini, Regina Zilberman: O Tempo e o Vento. História, invenção e metamorfose. EDIPUCRS, Porto Alegre 2004, ISBN 85-7430-421-2>.