Luis Fernando Verissimo

escritor brasileiro

Luis Fernando Verissimo, nado en Porto Alegre o 26 de setembro de 1936, é un escritor, humorista, tradutor, guionista de televisión, autor de teatro e novelista brasileiro. Tamén foi publicitario e revisor de xornal. É ademais músico, tocando o saxofón nalgúns conxuntos. Con máis de 60 títulos publicados, é un dos máis populares escritores brasileiros do século XX. É fillo do tamén escritor Érico Verissimo.[1][2][3]

Infotaula de personaLuis Fernando Verissimo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de setembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Porto Alegre, Brasil Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , novelista , saxofonista , escritor , debuxante de banda deseñada Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa, lingua inglesa e portugués do Brasil Editar o valor em Wikidata
InstrumentoSaxofón Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiÉrico Veríssimo Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Twitter: verissimolf Musicbrainz: 7591538f-f3df-460d-b7eb-7aa6bce815b4 Discogs: 5591421 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Formación editar

Nacido en Porto Alegre, Luis Fernando Verissimo viviu parte da súa infancia e da súa adolescencia nos Estados Unidos, coa familia, en función de compromisos profesionais asumidos por seu pai que era profesor da Universidade da California, en Berkeley (1943-1945) e director cultural da Unión Pan-americana en Washington, D.C. (1953-1956). Como consecuencia diso, cursou parte da primaria en San Francisco e Los Angeles, e concluíu a secundaria na Roosevelt High School, de Washington.[1]

Aos 14 anos produciu, coa irmá Clarissa e un primo, un xornal periódico con noticias da familia, que era pendurado no baño da casa e se chamaba "O Patentino" (patente é como é coñecida a privada no Río Grande do Sur).

No período en que viviu en Washington, Verissimo desenvolveu a súa paixón polo jazz, comezando a estudar saxofón e, en frecuentes viaxes a Nova York, asistido a espectáculos dos maiores músicos da época, inclusive Charlie Parker e Dizzy Gillespie.

Primeiros traballos editar

De volta a Porto Alegre en 1956, comezou a traballar no departamento de arte da Editora Globo. A partir de 1960, formou parte do grupo musical Renato e seu Sexteto, que se presentaba profesionalmente en bailes na capital gaúcha, e que era coñecido como "o maior sexteto do mundo", porque tiña 9 integrantes.

 
Lúcia Helena Masa e Luis Fernando Verissimo en xuño de 2018

Entre 1962 e 1966, viviu no Río de Xaneiro, onde traballou como tradutor e redactor publicitario, e onde coñeceu e casou (1963) coa carioca Lúcia Helena Masa, a súa compañeira para a vida e nai dos seus tres fillos (Fernanda, 1964; Mariana, 1967; e Pedro, 1970).

En 1967, de novo na súa cidade natal, comezou a traballar no xornal Zero Hora, ao principio como revisor de textos (copy desk).[1] En 1969, despois de cubrir as vacacións do columnista Sérgio Jockymann e poder mostrar a calidade e axilidade do seu texto, pasou a asinar a súa propia columna diaria no xornal.[1] As súas primeiras columnas foron sobre fútbol, abordando a fundación do Estadio Beira-Río e os xogos do Internacional, o seu club do corazón. O mesmo ano, tornouse redactor da axencia de publicidade MPM Propaganda.

En 1970 trasladouse para o xornal Folha da Manhã,[1] onde mantivo a súa columna diaria até 1975, escribindo sobre deporte, cinema, literatura, música, gastronomía, política e comportamento, sempre con ironía e ideas persoais, alén de pequenos contos de humor que ilustran os seus puntos de vista.

En 1971 creou, cun grupo de amigos da prensa e da publicidade porto-alegrense, o semanario alternativo O Pato Macho, con textos de humor, crónicas e entrevistas, e quecirculou durante todo o ano na cidade.

Primeiros libros publicados editar

En 1973 lanzou, pola Editora José Olympio, o seu primeiro libro, O Popular, co subtítulo "crónicas, ou cousa parecida", unha colectánea de textos xa veiculados na prensa, o que sería o formato da gran maioría das súas publicacións posteriores. O libro de estrea de Verissimo recibiu eloxios do importante crítico literario Wilson Martins, no Estado de S. Paulo.

En 1975, volveu ao xornal Zero Hora, onde permaneceu sempre, e pasou a escribir semanalmente tamén no Jornal do Brasil, tornándose nacionalmente coñecido.[1] Publicou ese ano seu segundo libro de crónicas, A Grande Mulher Nua e comezou a deseñar a serie "As Cobras", que o mesmo ano xa rendeu unha primeira publicación.

En 1979, publicou o seu quinto libro de crónicas, Ed Mort e Outras Historias, o primeiro pola Editora L&PM, coa cal traballaría durante 20 anos. O título do libro refírese a aquel que viría a ser un dos máis populares personaxes de Luis Fernando Verissimo. Unha sátira dos policías noir, imortalizados pola literatura de Raymond Chandler e Dashiell Hammett e por filmes interpretados por Humphrey Bogart. Ed Mort é un detective particular carioca, de lingua afiada, corazón mol e sen un tostón no peto, que pasou a protagonizar unha banda deseñada de Miguel Paiva e publicada en centenares de xornais diarios, xerou unha serie de cinco álbums de cadriños (1985-1990) e aínda un filme con Paulo Betti no papel títular.

Entre 1980 e 1981, Verissimo viviu coa familia 5 meses en Nova York, o que máis tarde rendería no libro Traçando Nova Iorque, primeiro dunha serie de 6 libros de viaxes escritos en colaboración co ilustrador Joaquim da Fonseca e publicados pola Editora Artes e Ofícios.

Popularidade nacional editar

En 1981, o libro O Analista de Bagé, lanzado na Feira do Libro de Porto Alegre, esgotou a súa primeira edición en dous días, tornándose fenómeno de vendas en todo o país. O personaxe, creado (mais non aproveitado) para un programa humorístico de televisión con Jô Soares, é un psicanalista de formación freudiana ortodoxa, mais co acento, o falar e os costumes típicos da fronteira do Río Grande do Sur co Uruguai e a Arxentina. A contradición entre a sofisticación da psicanálise e a gordura caricatural do gaucho da fronteira xerou situacións divertidísimas, que Verissimo soubo explotar con talento en dous libros de contos, un de cómic (con deseños de Edgar Vasques) e unha antoloxía.

En 1982 pasou a publicar unha páxina semanal de humor na revista Veja, que mantería até 1989.

En 1983, no seu décimo volume de crónicas inéditas, lanzou un novo personaxe que tamén tería grande éxito, a Velhinha de Taubaté, definida como "a única persoa que aínda cre no goberno". O inxenuo personaxe, que dera ao seu gato de estima o nome do voceiro do Presidente-Xeneral Figueiredo, marcaba a decadencia do goberno militar brasileiro, que xa estaba case completando 20 anos. Mais, anos despois, en plena democracia, Verissimo faría reviver a Velhinha de Taubaté, ironizando a credibilidade dos presidentes civís, especialmente Fernando Collor e Fernando Henrique Cardoso.

En toda a década de 1980, Verissimo consolidouse como un fenómeno de popularidade raro entre escritores brasileiros, mantendo columnas semanais en varios xornais e lanzando polo menos un libro por ano, sempre nas listas dos máis vendidos, alén de escribir para programas de humor da TV Globo.

En 1986, morou seis meses coa familia en Roma, e cubriu a Copa do Mundo para a revista Playboy. En 1988, so encomenda da MPM Propaganda, escribiu a súa primeira novela, O Jardim do Diabo.

Home de ideas editar

En 1989, comezou a escribir unha páxina dominical para o xornal O Estado de S. Paulo, mantida até hoxe, e para a cal creou o grupo de personaxes da Familia Brasil. O mesmo ano, estreou no Río de Xaneiro o seu primeiro texto escrito especialmente para teatro, Brasileiras e Brasileiros. E tamén recibiu o Premio Dereitos Humanos da OAB.

En 1990, pasou 10 meses coa familia en París e cubriu a Copa da Italia para os xornais Cero Hora, Jornal do Brasil e O Estado de S. Paulo, o que volvería a facer en 1994, 1998, 2002 e 2006.

En 1991 publicou unha antoloxía de crónicas para nenos (O Santinho, con ilustracións de Edgar Vasques) e outra para adolescentes (Pai não Entende Nada).

En 1994, a antoloxía de contos de humor Comédias da Vida Privada foi lanzada con grande éxito, vindo a tornarse un especial da TV Globo (1994) e despois unha serie de 21 programas (1995-1997), con guións de Jorge Furtado e dirección de Guel Arraes. Verissimo publicaría ademais unha nova antoloxía de contos, Novas Comédias da Vida Privada (1996) e, por contraste, unha serie de crónicas políticas até entón inéditas en libro, Comédias da Vida Pública (1995).

En 1995, intelectuais brasileiros convidados polo caderno "Ideas" do Jornal do Brasil elixiron Luis Fernando Verissimo o Home mde Ideias do ano. A esta seguíronse outras homenaxes: en 1996, "Medalla de Resistencia Chico Mendes" da ONG Tortura Nunca Máis, "Medalla do Mérito Pedro Ernesto" da Cámara de Concelleiros do Río de Xaneiro e "Premio Formador de Opinión" da Asociación Brasileira de Empresas de Relacións Públicas; culminando, en 1997, co "Premio Juca Pato", da Unión Brasileira de Escritores como o Intelectual do ano. En 1999, recibiu tamén o Premio Multicultural Estadão.

De volta á música editar

Aínda en 1995, por iniciativa do contrabaixista Jorge Gerhardt, foi creado o grupo Jazz 6, este certamente "o menor sexteto do mundo", con só 5 integrantes: alén de Verissimo no saxofón e Gerhardt no contrabaixo, formaron parte do grupo Luiz Fernando Rocha (trompeta e flugelhorn), Adão Piñeiro (piano) e Gilberto Lima (batería).

Sendo Gerhardt, Rocha, Piñeiro e Lima "músicos en tempo integral", o grupo depende da axenda de Verissimo para se presentar, mais despois de 13 anos de estrada e 4 CDs lanzados: "Agora é a Hora" (1997), "Speak Low" (2000), "A Bossa do Jazz" (2003) e "Four" (2006).

Novos rumbos editar

En 1996, pasou a publicar crónicas no xornal Extra Classe, vehículo de comunicación lanzado en marzo daquel ano. É columnista do xornal até o século XXI.

En 1999, Verissimo deixou de deseñar as tiras de "As Cobras" e mudou de editora, trocando a L&PM pola Objectiva, que pasou a republicar toda a súa obra. Unha destas antoloxías, As Mentiras que os Homens Contan (2000), xa vendeu máis de 350 mil exemplares.

En 2003, resolveu reducir o seu volume de traballo na prensa, pasando de seis para só dúas columnas semanais, agora publicadas en Zero Hora, O Globo e O Estado de S. Paulo.

En 2003, unha reportaxe de capa da revista Veja destacou Verissimo como "o escritor que máis libros vende no Brasil". Ao mesmo tempo, a versión en inglés de "Clube dos Anjos" ("The Club Of Angels") foi escollida pola New York Public Library como un dos 25 mellores libros do ano.

En 2004, en Francia, recibiu o Prix Deux Océans do Festival de Culturas Latinas de Biarritz.

Feitos recentes editar

 
Monumento a Verissimo, parte do maior conxunto de monumentos ao Analista de Bagé localizado nesa cidade.

En 2006, Verissimo chegou aos 70 anos de idade consagrado como un dos maiores escritores brasileiros contemporáneos, vendendo en total máis de 5 millóns de exemplares dos seus libros. En 2008, súa filla Fernanda deulle a primeira neta, Lucinda, nacida o día do aniversario do Sport Club Internacional, o 4 de abril.

En 21 de novembro de 2012, Luis Fernando foi internado en estado grave na UTI do Hospital Moinhos de Vento, en Porto Alegre, debido a un cadro grave de gripe.Tivo alta o día 14 de decembro.[4]

En 2014 foi homenaxeado pola escola de samba de Porto Alegre Emperadores do Samba co enredo A Emperadores do Samba fai a xusta homenaxe aos personaxes de Luis Fernando Verissimo.

Participou en 2015 nunha faixa do último CD do dúo gaucho Kleiton & Kledir (Com Todas as Letras) como compositor e saxofonista.[5]

Personaxes editar

  • Ed Mort
  • Velhinha de Taubaté
  • Analista de Bagé
  • As Cobras
  • Familia Brasil
  • Dora Avante

Libros publicados editar

Crónicas e contos (inéditos) editar

  • O Popular (1973). Ed. José Olympio.
  • A Grande Mulher Nua (1975). Ed. José Olympio
  • Amor Brasileiro (1977). Ed. José Olympio.
  • O Rei do Rock (1978). Ed. Globo.
  • Ed Mort e Outras Histórias (1979). Ed. L&PM.
  • O Analista de Bagé (1981). Ed. L&PM.
  • A Mesa Voadora (1982). Eed. Globo.
  • Sexo na cabeça (1982). E. L&PM.
  • Outras do Analista de Bagé (1982). Ed. L&PM.
  • A Velhinha de Taubaté (1983). Ed. L&PM.
  • A Mulher do Silva (1984). Ed. L&PM.
  • A Nai de Freud (1985). Ed. L&PM.
  • O Marido do Doutor Pompeu (1987). Ed. L&PM.
  • Zoeira (1987). Ed. L&PM.
  • Glauco Rodrigues (1989). Ed. Salamandra. Con Glauco Rodrigues)
  • Orgias (1989). Ed. L&PM.
  • Pai Não Entende Nada (1990). Ed. L&PM.
  • O Santinho (1991). Ed. L&PM.
  • Humor Nos Tempos do Collor (1992). Ed. L&PM. Con Millôr Fernandes e Jô Soares.
  • O Suicida e o Computador (1992). Ed. L&PM.
  • O Arteiro e O Tempo (1994). Ed. Berlendis e Vertechia. Con Glauco Rodrigues.
  • Comédias da Vida Pública (1995). Ed. L&PM.
  • A Versão dos Afogados - Novas Comédias da Vida Pública (1997). Ed. L&PM.
  • A Mancha (2004). Ed. Cia das Letras, colección Voces do Golpe.
  • Em Algum Lugar do Paraíso (2011). Ed. Objetiva.
  • Diálogos Impossíveis (2012). Ed. Objetiva.
  • Os Últimos Quartetos de Beethoven (2013). Ed. Objetiva.

Crónicas e contos (antoloxías e reedicións) editar

  • O Gigolô das Palabras (1982). Ed. L&PM.
  • Peças Íntimas (1990). Ed. L&PM.
  • Comédias da Vida Privada (1994). Ed. L&PM.
  • O Nariz e Outras Crônicas (1994). Ed. Ática.
  • Novas Comédias da Vida Privada (1996). Ed. L&PM.
  • Ed Mort, Todas as Histórias (1997). Ed. L&PM.
  • Aquele Estranho Dia que Nunca Chega (1999). Editora Objetiva.
  • A Eterna Privação do Zagueiro Absoluto (1999). Editora Objetiva.
  • Histórias Brasileiras de Verão (1999). Editora Objetiva.
  • As Noivas do Grajaú (1999). Ed. Mercado Aberto.
  • Todas as Comédias (1999). Ed. L&PM.
  • Festa de Criança (2000). Ed. Ática.
  • Comédias para se Ler na Escola (2000). Editora Objetiva.
  • As Mentiras que os Homes Contan (2000). Editora Objetiva. En 2016, Dom Quixote.
  • Todas as Histórias do Analista de Bagé (2002). Editora Objetiva.
  • Banquete Com os Deuses (2002). Editora Objetiva.
  • O Melhor das Comédias da Vida Privada (2004). Editora Objetiva.
  • Mais comédias para ler na escola (2008). Editora Objetiva.
  • O Mundo é Bárbaro, e o que Nós Temos a Ver com Isso (2008). Editora Objetiva.
  • Quem é Capitu? (2008). Nova Fronteira.
  • Time dos Sonhos(2010). Editora Objetiva.
  • Amor Verissimo (2013). Editora Objetiva.
  • As Mentiras que as Mulheres Contam (2015). Editora Objetiva. En 2016, Dom Quixote.
  • Verissimas (2016). Editora Objetiva.
  • Informe do Planeta Azul (2018). Boa Companhia.

Novelas e novelas curtas editar

  • Pega para Kapput (1978). Ed. L± con Moacyr Scliar, Josué Guimarães e Edgar Vasques.
  • O Jardim do Diabo (1987). Ed. L&PM.
  • Gula - O Clube dos Anjos (1998). Editora Objetiva, colección Plenos Pecados.
  • Borges e os Orangotangos Eternos (2000). Ed. Cia das Letras, colección Literatura ou Morte.
  • O Opositor (2004). Editora Objetiva, colección Cinco Dedos de Prosa.
  • A Décima Segunda Noite (2006). Editora Objetiva, colección Devorando Shakespeare.
  • Os Espiões (2009). Editora Objetiva.

Relatos de viaxes editar

  • Traçando New York (1991). Ed. Artes e Ofícios; con Joaquim da Fonseca.
  • Traçando París (1992). Ed. Artes e Ofícios; con Joaquim da Fonseca.
  • Traçando Porto Alegre (1993). Ed. Artes e Ofícios; con Joaquim da Fonseca.
  • Traçando Roma (1993). Ed. Artes e Ofícios; con Joaquim da Fonseca.
  • América (1994). Ed. Artes e Ofícios.
  • Traçando Japãç (1995). Ed. Artes e Ofícios; con Joaquim da Fonseca.
  • Trazando Madrid (1997). Ed. Artes e Ofícios; con Joaquim da Fonseca.

Cartoons e banda deseñada editar

  • As Cobras (1975). Ed. Milha.
  • As Cobras e Outros Bichos (1977). Ed. L&PM.
  • As Cobras do Verissimo (1978). Ed. Codecri.
  • O Analista de Bagé en Quadrinhos (1983). Ed. L± con Edgar Vasques.
  • Aventuras da Família Brasil (1985). Ed. L&PM.
  • Ed Mort em Procurando o Silva (1985). Ed. L± con Miguel Paiva.
  • As Cobras, vols I, II e III (1987). Ed. Salamandra.
  • Ed Mort em Disneyworld Blues (1987). Ed. L± con Miguel Paiva.
  • Ed Mort em com a Mão no Milhão (1988). Ed. L± con Miguel Paiva.
  • Ed Mort em Conexão Nazista (1989). Ed. L± con Miguel Paiva.
  • Ed Mort em O Sequestro do Zagueiro Central (1990). Ed. L± con Miguel Paiva.
  • A Família Brasil (1993). Ed. L&PM.
  • As Cobras em Se Deus existe que eu seja atingido por um raio (1997). Ed. L&PM.
  • Pof (2000). Ed. Projeto.
  • Aventuras da Família Brasil (2005). Reedición, Editora Objetiva.
  • As Cobras - Antologia Definitiva (2010). Editora Objetiva.

Outros editar

  • O Arteiro e o Tempo. Infantil; ed. Berlendis & Vertecchia; ilustrada por Glauco Rodrigues.
  • Poesia Numa Hora Dessas?! (2002). Editora Obxectiva. Poemas.
  • Internacional, Autobiografia de uma Paixão (2004). Ed. Ediouro.
  • As gêmeas de Moscou (2016). Infantil. Companhia das Letrinhas. Ilustrada por Rogério Coello.

Asignacións autorais indebidas editar

Aproveitando da súa notoriedade foron creadas moitas falsidades. Moitos textos que circulan en Internet a el atribuídos non son da súa autoría. Verissimo é considerado o autor brasileiro máis citado nese tipo de situación.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Luis Fernando Verissimo - Biografia". www.releituras.com (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2020. Consultado o 2020-09-04. 
  2. "Luis Fernando Verissimo Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-09-05. 
  3. "Luis Fernando Verissimo - EcuRed". www.ecured.cu (en castelán). Consultado o 2020-09-05. 
  4. RS, Do G1 (2012-11-24). "Exames constatam que Verissimo está com o vírus Influenza, da gripe". Rio Grande do Sul (en portugués). Consultado o 2020-09-04. 
  5. "Luis Fernando Verissimo escreve letra para próximo disco de Kleiton & Kledir GaúchaZH". GZH (en portugués). 2015-02-16. Consultado o 2020-09-04. 
  6. "Folha Online - Informática - Escritores consagrados repudiam falsos textos que circulam na rede - 25/02/2009". www1.folha.uol.com.br. Consultado o 2020-09-05.