Abrir o menú principal

O pesadelo é unha parasomnia que ten lugar durante a fase REM (movementos oculares rápidos) do soño.

CaracterísticasEditar

Caracterízanse por despertares repetidos durante o período de soño maior ou en sestas diúrnas provocadas por soños extremadamente terroríficos e prolongados que deixan lembranzas vívidas, xa que no seu contido acostuma haber ameazas á propia supervivencia, seguridade e autoestima. Os despertares acostuman ocorrer na segunda metade do período de soño.

Ao espertar do soño terrorífico, a persoa recupera rapidamente o seu estado de vixilia e orientación, a diferenza dos terrores nocturnos.