Xasoso, A Baña, A Baña

lugar da parroquia da Baña, no concello da Baña

Xasoso é un lugar da parroquia da Baña no concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Linda ao oeste con Salvande e ao norte con Guende. No linde con Guende sitúase un posible asentamento defensivo de época medieval, o Castrallón de Xasoso[1].

Xasoso
ParroquiaA Baña
ConcelloA Baña
Coordenadas42°57′17″N 8°45′48″O / 42.95466, -8.76347
Poboación10 hab. (2016)
editar datos en Wikidata ]

Demografía

editar

Tiña 10 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 5 eran homes e 5 eran mulleres. No 2009 eran 17 habitantes: 11 homes e 6 mulleres.

Núcleo tradicional disperso de vivendas localizadas ao longo dunha pista que cruza o núcleo de leste para oeste. Predomina a vivenda nova e tipo chalé sobre a tradicional de pedra, bastante deteriorada.

Existen 2 hórreos catalogados.

Os cultivos existentes son pequenas hortas e árbores froiteiras, e pastos, carballos e eucaliptos.

Servizos urbanísticos[1]

editar
Servizo Tipo
Abastecemento de auga Traída
Saneamento Pozo negro
Electricidade Si
Iluminación pública Si
Telefonía Si
Recollida de lixo Si
Transporte Non

Lugares e parroquias

editar

Lugares da Baña

editar
Lugares da parroquia da Baña no concello da Baña (A Coruña)

A Cachopiña | Canlís | A Castiñeira | O Castro | Fampousa | Guende | Liñares | Meán | Paredes | Salvande | San Salvador | San Vicenzo | Señor | Vesía | Vilariño | Vilarnovo | Xasoso

Parroquias da Baña

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Baña

A Baña (San Vicenzo) | Barcala (San Xoán) | O Barro (Santa Mariña) | Cabanas (San Miguel) | Corneira (San Cristovo) | A Ermida (San Salvador) | Fiopáns (San Pedro) | Lañas (Santa Baia) | Marcelle (Santa Cristina) | Ordoeste (Santa María) | A Riba (San Xoán) | San Cibrán de Barcala (San Cibrán) | Sanamede do Monte (San Mamede) | Suevos (San Mamede) | Troitosende (Santa María)

  1. 1,0 1,1 1,2 "PXOM A BAÑA - ESTUDO MEDIO RURAL" (PDF).