San Salvador, A Baña, A Baña
Coordenadas: 42°58′11″N 8°46′19″O / 42.9696, -8.7719
San Salvador é un lugar da parroquia da Baña no concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Sitúase na ladeira dun monte de forte pendente descendente en dirección leste. Linda con Liñares ao norte.
San Salvador | |
---|---|
Parroquia | A Baña |
Concello | A Baña |
Coordenadas | 42°58′11″N 8°46′19″O / 42.9696, -8.7719 |
Poboación | 9 hab. (2016) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Hai unha ermida adicada a San Salvador, na que se celebra a festa do Santo o día 6 de agosto.
Demografía Editar
Tiña 9 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 3 eran homes e 6 eran mulleres. No 2009 tiña 13 persoas: 5 homes e 8 mulleres.
Paisaxe[1] Editar
Núcleo non tradicional disperso de vivendas vinculadas a estrada A Baña - Carballeira.
Catalogáronse 5 hórreos nesta aldea.
Os cultivos presentes son pequenas hortas, froiteiras, vides nas zonas máis próximas ás vivendas e pastos, milleirais, eucaliptos e piñeiros nas máis afastadas.
Servizos urbanísticos[1] Editar
Servizo | Tipo |
---|---|
Abastecemento auga | Fonte |
Saneamento | Pozo negro |
Electricidade | Si |
Iluminación pública | Si |
Telefonía | Si |
Recollida lixo | Si |
Transporte | Escolar |
Lugares e parroquias Editar
Lugares da Baña Editar
Lugares da parroquia da Baña no concello da Baña (A Coruña) | |
---|---|
A Cachopiña | Canlís | A Castiñeira | O Castro | Fampousa | Guende | Liñares | Meán | Paredes | Salvande | San Salvador | San Vicenzo | Señor | Vesía | Vilariño | Vilarnovo | Xasoso |
Parroquias da Baña Editar
- ↑ 1,0 1,1 "PXOM A BAÑA - ESTUDO MEDIO RURAL" (PDF).