Cabanas, A Baña
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
San Miguel de Cabanas[1] é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o IGE en 2015 tiña 185 habitantes (104 mulleres e 81 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 274 habitantes.
Cabanas | |
---|---|
Igrexa de San Miguel de Cabanas. | |
Concello | A Baña[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°59′02″N 8°42′39″O / 42.9839, -8.7108 |
Área | 5,17 km² |
Poboación | 180 hab. (2016) |
Densidade | 34,82 hab./km² |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Cabanas é o lugar de nacemento do escritor Manuel Iglesias Turnes. Os seus libros As rapazas de Xan e Que non te aten teñen esta parroquia como epicentro das súas historias, aínda que no primeiro libro lle chame Cabanelas.
Historia
editarHai un asentamento castrexo no lugar do Fondón, ao sur da parroquia de Cabanas. O seu estado de conservación é moi malo por mor da actividade agrícola sobre a súa superficie e pola construción dunha granxa. Tan só é visible un parapeto de forma semicircular na parte leste do xacemento.
Tamén hai constancia dun túmulo megalítico, a mámoa do Campo de Pozo, aínda que o seu volume foi moi rebaixado como consecuencia da plantación de eucaliptos.[2]
Igrexa parroquial
editarA parroquia de San Miguel aparece como parroquia matriz co anexo de O Barro dende finais do século XIX. Orixinalmente a igrexa albergaba mostras de arte maior con imaxes da Nosa Señora, San Bartolomeu, San Roque, San Miguel, San Pedro e San Paulo, mais as obras de construción dun novo templo realizadas no ano 1943 provocaron a desaparición destas imaxes e doutros elementos que non encaixaban nas dimensións do novo templo. A igrexa actual foi inaugurada no 1950, engadíndolle a torre algún tempo despois. Paralelamente construíuse a casa reitoral e o centro sociocultural da parroquia.
Arquitectura popular
editarEstán todos no arroio de Cabanas, moían dous meses no ano por falta de auga.
Existen tres muíños de canle:
- o de Paco, que é de Mateo de Pazo e consortes.
- o de Lage, de Juán de Insua e consortes.
- o dos Barreiros, de Antonio Turnes e consortes.
e un muíño de cubo:
- o do Cubo, de Felipe Díaz e consortes.
Festas
editar- Sábado entre o 16 e o 22 de xullo: Santa Isabel.
- Domingo entre o 16 e o 22 de xullo: O Carme.
- Última fin de semana de setembro: San Miguel.
- 2ª fin de semana de outubro: O Rosario.
Lugares e parroquias
editarLugares de Cabanas
editarLugares da parroquia de Cabanas no concello da Baña (A Coruña) | |
---|---|
Parroquias da Baña
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "PXOM A Baña".
- ↑ Rodríguez Troncoso, Amador. Os albores de Feiraco.