Troitosende, A Baña
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Santa María de Troitosende é unha parroquia que se localiza no leste do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o IGE en 2016 tiña 223 habitantes (114 homes e 109 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 330 habitantes.
Troitosende | |
---|---|
Lápida de Ursino, achada no lugar de Vilela e conservada no Museo Arqueolóxico da Coruña. | |
Concello | A Baña[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°56′30″N 8°39′48″O / 42.94160791, -8.66323967 |
Área | 4,94 km² |
Poboación | 223 hab. (2016) |
Densidade | 45,14 hab./km² |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarDa idade de ferro permanecen as dúas mámoas de Salgueiróns, as dúas mámoas do Monte da Medorra; en Bugalleiras. Tamén existiu un castro entre Portochán e Vilacoba denominado Castro de Troitosende, en mal estado de conservación pero de grande importancia debido a cantidade e calidade de materiais arqueolóxicos recuperados.[2] Da época romana hai tres sitios arqueolóxicos descubertos: o de Vilela, o de Mouzón e o de Bugalleiras, onde se encontraron abundante material cerámico romano, varias fosas escavadas, unha lápida e unha tumba.
Antes de facer a ponte entre Portochán e Ames, a parroquia atravesaba nunha barca o Tambre.
Igrexa
editarA igrexa parroquial foi construída a finais do século XII e reformada nos séculos XVIII e XX. Ten nave de planta rectangular, con muros de cadeirado de granito e cuberta a unha e dúas augas con tellado de tella. A fachada é de cadeirado de granito, con portada enmarcada por dúas pilastras encaixadas con basas toscanas e capiteis dóricos. Por riba vai un entaboado, unha cornixa e unha fiestra decorada con placas semicirculares. A sancristía está acaroada ao muro norte. A espadana é cuadrangular, con tres machóns sobre os que voltean dous arcos de medio punto laterais. No centro hai dous machóns cun arco de medio punto e un pináculo rematado por unha cruz metálica. Ten un pequeno retablo nunha capela e varias imaxes.
A parroquia pertence ao arciprestado de Dubra.
Arquitectura popular
editarSon de dúas pedras cada un e moían medio ano con augas do río Tambre
- Canal de Portochán
- de Mandelo
Festas
editar- Domingo de entroido: Santa Lucía
- 2º domingo de xullo: O Carme
- 15 de agosto: Nosa Señora
- 16 de agosto: O Sacramento
- 1º domingo de entroido: O Rosario
Lugares e parroquias
editarLugares de Troitosende
editarLugares da parroquia de Troitosende no concello da Baña (A Coruña) | |
---|---|
Bugalleira | Menlle de Abaixo | Menlle de Arriba | Portochán | Quintáns | Troitosende | Vilacova | Vilela |
Parroquias da Baña
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "PXOM A Baña" (PDF).
- ↑ Rodríguez Troncoso, Amador. Os albores de Feiraco.