A Ermida, A Baña

parroquia civil do concello da Baña

San Salvador da Ermida é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 122 habitantes (64 homes e 58 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 187 habitantes.

A Ermida
Capela do Divino Salvador.
ConcelloA Baña[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°00′03″N 8°47′17″O / 43.0008, -8.788Coordenadas: 43°00′03″N 8°47′17″O / 43.0008, -8.788
Área4,51 km²
Poboación122 hab. (2016)
Densidade27,05 hab./km²
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

Toponimia editar

O topónimo deriva do latín eremita, que é unha igrexa pequena, polo xeral lonxe ou fóra dun núcleo de poboación,[2] ou tamén pode facer referencia a un sitio ermo ou sen traballar.[3]

Historia editar

Esta parroquia foi suprimida a nivel eclesiástico, pero figura como tal a nivel administrativo.

Coma evidencia da longa antigüidade atopamos a pegada da cultura castrexa nun lugar coñecido como Castro ou Castelo de Gosende. Tamén existen diferentes mámoas coma a mámoa da Mina do Rodado, a dos Pasos do Río e a da Hedreira.[4]

A única capela é unha pequena ermida de planta rectangular e con muros de cachotería, agás nos esquinais e nas pezas dos linteis da porta, que son de perpiaño irregular. A porta está descentrada e leva unha pequena ventá con lados biselados, no centro, debaixo da espadana.[5]

Arquitectura popular editar

Muíños[6] editar

Todos moían coas augas do río Grande (río Abuín).

  • da Rena, moía todo o ano.
  • de Abaixo, todo o ano
  • de Gosende, catro meses no ano.
  • da Hedreira, todo o ano.

Festas editar

  • 5 de agosto: As Neves.
  • 25 de decembro: San Salvador.
  • 26 de decembro: San Silvestre.

Lugares e parroquias editar

Lugares da Ermida editar

Lugares da parroquia da Ermida no concello da Baña (A Coruña)

O Cotro | O Cruceiro | A Ermida | Gosende | A Hedreira

Parroquias da Baña editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Baña

A Baña (San Vicenzo) | Barcala (San Xoán) | O Barro (Santa Mariña) | Cabanas (San Miguel) | Corneira (San Cristovo) | A Ermida (San Salvador) | Fiopáns (San Pedro) | Lañas (Santa Baia) | Marcelle (Santa Cristina) | Ordoeste (Santa María) | A Riba (San Xoán) | San Cibrán de Barcala (San Cibrán) | Sanamede do Monte (San Mamede) | Suevos (San Mamede) | Troitosende (Santa María)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar