Barcala, A Baña

parroquia civil do concello da Baña

San Xoán de Barcala[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñes da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 182 habitantes (92 mulleres e 90 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 266 habitantes.

Barcala
Igrexa de San Xoán de Barcala.
ConcelloA Baña[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°55′55″N 8°45′58″O / 42.932, -8.7662
Área3,75 km²
Poboación182 hab. (2016)
Densidade48,53 hab./km²
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]

Na aldea de Arzón naceu Avelino Pousa Antelo o 14 de maio de 1914, coñecido na parroquia coma Lucho do Peto.

Historia

editar

Na parroquia quedan restos do Neolítico e como mostra a existencia do grupo de seis mámoas de Pedra Alba, o grupo de dúas mámoas do Alto de Emes e a pedrafita de Pedra Alba, de 86 cm de altura, situada nun camiño tradicional.[2]

Foi parroquia desde moi antigo, ata que no 1668 pasou a depender de Ordoeste.

Escola de Cuba

editar

A escola de San Xoán construíuse grazas ás contribucións dos emigrantes galegos en Cuba. A sociedade promotora foi a Unión Barcalesa. Esta sociedade foi a mesma que promoveu as escolas de Covas e Aro.

O 23 de xuño de 1995 pasou a ser da Asociación de veciños A Barcalesa.

A primeira concentración de Galicia

editar

O 5 de setembro de 1958, Francisco Franco entregoulle os 263 títulos das leiras de reemprazo aos propietarios das terras concentradas en San Xoán de Barcala e Santa María de Covas. Esta concentración abarcou 177 hectáreas, cuxo custo detallado foi:[3]

Actuación Custo en
pesetas
Camiño San Xoán - A Baña 450.000
Camiño Cores a estrada de Negreira - Muxía 370.000
Regadío do río Barcala 135.000
Ampliación regadío río Barcala 46.000
Saneamento entre Lameiro e Padín 40.000
Regularización da canle do rego de Seoane 40.000
Saneamento de Emes 36.000
Rectificación camiño Seoane a ponte Albariña 11.000
Rectificación do regato de Piacelo 4.000
Total 1.132.000

O número de parcelas concentradas foi de 2.486 e as de reemprazo foron 537.

editar

Casa de Cores

editar

Construído no século XVII, conta cunha edificación principal constituída pola casa señorial, as dependencias do persoal de servizo e unha capela privada. Na entrada de servizo encóntranse dous hórreos, de 10 e 7 claros.

Fóra do recinto amurallado, hai un dos carballos máis grandes de Galicia.[4]

Muíños

editar
  • Muíño de Cores, de Andrés Bermúdez de Leis, que moía todo o ano con auga de Ponte Albariña.[3]
  • Santa Lucía, de Felipe Lueiro e consortes.[3]
  • Rodo, de Pascual López (párroco), que moía tres meses coa auga da Fonte de Santa Lucía.[3]

Pombais

editar
  • Pombal de 12 pares, de Andrés Bermúdez[3]

Festas

editar
  • 1º domingo de xaneiro: San Manuel
  • 23 de maio: Os Milagres
  • 3º domingo de xuño: San Hadrián
  • 31 de decembro: San Xoán

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Barcala

editar
Lugares da parroquia de Barcala no concello da Baña (A Coruña)

Arzón | Cores | Emes | O Lameiro | Moldes | Pao de Raposo | A Pereira | A Revoltiña | Seoane | A Torre

Parroquias da Baña

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Baña

A Baña (San Vicenzo) | Barcala (San Xoán) | O Barro (Santa Mariña) | Cabanas (San Miguel) | Corneira (San Cristovo) | A Ermida (San Salvador) | Fiopáns (San Pedro) | Lañas (Santa Baia) | Marcelle (Santa Cristina) | Ordoeste (Santa María) | A Riba (San Xoán) | San Cibrán de Barcala (San Cibrán) | Sanamede do Monte (San Mamede) | Suevos (San Mamede) | Troitosende (Santa María)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar