Corneira, A Baña

parroquia civil do concello da Baña

San Cristovo de Corneira[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2015 tiña 325 habitantes (181 mulleres e 144 homes) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 496 habitantes.

Corneira
A Banha Corneira 07.JPG
Igrexa de San Cristovo de Corneira.
ConcelloA Baña[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°57′11″N 8°48′14″O / 42.953, -8.8038Coordenadas: 42°57′11″N 8°48′14″O / 42.953, -8.8038
Área6,2 km²
Poboación325 hab. (2016)
Densidade52,42 hab./km²
Entidades de poboación16[1]
editar datos en Wikidata ]

HistoriaEditar

Os restos prehistóricos están presentes na mámoa e no petróglifo da Lagoa, situados no monte de Ferraces. Hai indicios tamén dun asentamento fortificado castrexo denominado Alto do Souto, pero as últimas prospeccións non foron moi frutíferas.[2]

No ano 1607 era anexo da parroquia de San Xoán da Riba. A igrexa parroquial correspóndese ao terceiro terzo do século XVIII, facéndose a capela maior no século XIX. Ao longo do tempo sufriu varias transformacións.

Arquitectura popularEditar

Pazo de FerracesEditar

Este pazo atópase en estado ruinoso, pero aínda se conserva un patín co seu corredor cuberto e as portas ornamentadas con arcos conopiais e escudo ovalado que evoca aos Romero e aos Moscoso. Conta cun pombal.

Muíños[3]Editar

  • Porto Carros, moía todo o ano con auga do río Corneira.
  • Sorubadas
  • da Braña
  • Vieiro, moía con augas do regato Foxá
  • de Vilar de Cerdeiras, moían con auga do rego de Foxos.
  • do Baiares, tamén do rego de Foxos.
  • de Ferraces
  • do Souto
  • de Vilanova

Pombais[3]Editar

  • Pombal de 12 pares, de Fausto García.

FestasEditar

  • 1º sábado despois de Corpus: Santísimo Sacramento.
  • 3 de outubro: San Cristovo.
  • 4 de outubro: San Francisco.
  • 5 de outubro: San Roque, San Ramón e As Dores.

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de CorneiraEditar

Lugares da parroquia de Corneira no concello da Baña (A Coruña)

O Agriño | Agromaior | Os Barreiros | Corneira | O Couto Carballo | Ferraces | As Foxas | A Granxa | O Outeiro | A Piolla | Ponte Corneira | O Requeixo | Vilanova | Vilar de Cerdeiras | Vilar de Cima | Vilariño

Parroquias da BañaEditar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Baña

A Baña (San Vicenzo) | Barcala (San Xoán) | O Barro (Santa Mariña) | Cabanas (San Miguel) | Corneira (San Cristovo) | A Ermida (San Salvador) | Fiopáns (San Pedro) | Lañas (Santa Baia) | Marcelle (Santa Cristina) | Ordoeste (Santa María) | A Riba (San Xoán) | San Cibrán de Barcala (San Cibrán) | Sanamede do Monte (San Mamede) | Suevos (San Mamede) | Troitosende (Santa María)

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar