O Barro, A Baña
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Santa Mariña do Barro é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Segundo o IGE de 2016 tiña 116 habitantes (62 homes e 54 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 214 habitantes.
O Barro | |
---|---|
Pazo de Leis | |
Concello | A Baña[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°58′21″N 8°44′16″O / 42.9725, -8.7379Coordenadas: 42°58′21″N 8°44′16″O / 42.9725, -8.7379 |
Área | 6,87 km² |
Poboación | 116 hab. (2016) |
Densidade | 16,89 hab./km² |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarExiste un grupo de cinco mámoas denominadas do Cotón Grande no lugar do Sino orixinarias do neolítico.[2]
Na parroquia do Barro sitúase a montaña de Santa Mariña é unha montaña que segundo a tradición orienta os ventos e as choivas e que antigamente recibiu o nome de Cebreiro, Páramos ou O Barro. No seu cumio houbo ata finais do século XVII unha ermida na que se rendía culto a Santa Mariña, probablemente como resultado da cristianización de rituais ancestrais e de orixe druídico.
Esta capela foi derrubada no ano 1971 por orde do visitador, por mor da dificultade para manter economicamente o culto e tamén polas inmoralidades que se cometían nese lugar o día da romaría. A ermida foi substituída cunha cruz, hoxe inexistente, e os seus bens incorporados ás melloras da igrexa parroquial situada en O Barro de Arriba. Os poucos restos dos muros están esnaquizados e aínda se poden ver pedras labradas, e abundante tella.
Arquitectura popular
editarFábrica de electricidade
editarAntes da inauguración da presa Barrié de la Maza había un pequeno salto de auga para a subministración de enerxía eléctrica, coñecido como a Fábrica de electricidade de Barbeira. Estaba instalada nunha pequena represa do río Nantón (rego de Faílde).[3]
Tamén coñecido como Casa do Barro, trátase dunha edificación do século XVI que está composta por unha torre e un corpo acaroado. Os muros están feitos de cachotería e cadeirado de granito. Ten tellado a catro augas no corpo máis elevado e a dúas no inferior. O pazo conta cunha dobre escalinata con balaustradas de pedra e pertenceu ao Marquesado dos Leis. O pazo foi mercado e restaurado por unha familia non vinculada ao Marquesado dos Leis.
- no río Fervenza, de Alejandro García Recarey.
- no río dos Fernández, cargado a Antonio Bieito.
- no río Merman, cargado a José Gago.
- no río Merman, idem.
Festas
editar- 18 de xullo: Santa Mariña.
- 10 de agosto: Santa Margarida.
- 1º sábado de setembro: San Xosé.
- 1º domingo de setembro: San Roque.
- 1º fin de semana de setembro: Santísimo Sacramento.
- Último domingo de outubro: O Socorro.
Lugares e parroquias
editarLugares do Barro
editarLugares da parroquia do Barro no concello da Baña (A Coruña) | |
---|---|
O Barro de Abaixo | O Barro de Arriba | O Campo | Loncras | Montecelos | O Redollo | Santa Margarida | O Sino |
Parroquias da Baña
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "PXOM A Baña".
- ↑ 3,0 3,1 Rodríguez Troncoso, Amador. Os albores de Feiraco.
- ↑ "Pazo de Leis". Patrimonio Galego. Consultado o 2016-06-02.