Fampousa, A Baña, A Baña
Fampousa é un lugar da parroquia da Baña no concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Sitúase na ladeira dun monte de pendente acusada. Linda ao norte con Vilarnovo e Canlís e ao este con Salvande.
Fampousa | |
---|---|
Parroquia | A Baña |
Concello | A Baña |
Poboación | 31 hab. (2016) |
[ editar datos en Wikidata ] |
DemografíaEditar
Tiña 31 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 13 eran homes e 18 eran mulleres. No 2009 eran 45 persoas rexistradas: 24 homes e 21 mulleres.
Paisaxe[1]Editar
Núcleo tradicional concentrado, se ben atópanse algunhas vivendas separadas. No núcleo tradicional alternanse vivendas novas con casa rural de pedra bastante deteriorada.
Existen 9 hórreos catalogados, algún nun mal estado de conservación.
Pequenas hortas e froiteiras nas inmediacións das vivendas. É unha zona de gando ovino con parcelas a pastos e tamén a milleiras. Xa máis afastados hai carballos, piñeiros e eucaliptos.
Servizos urbanísticos[1]Editar
Servizos | Tipo |
---|---|
Abastecemento auga | Minas e pozo de barrena |
Saneamento | Pozo negro |
Electricidade | Si |
Iluminación pública | Si |
Telefonía | Si |
Recollida lixo | Si |
Transporte | Non |
Lugares e parroquiasEditar
Lugares da BañaEditar
Lugares da parroquia da Baña no concello da Baña (A Coruña) | |
---|---|
A Cachopiña | Canlís | A Castiñeira | O Castro | Fampousa | Guende | Liñares | Meán | Paredes | Salvande | San Salvador | San Vicenzo | Señor | Vesía | Vilariño | Vilarnovo | Xasoso |
Parroquias da BañaEditar
- ↑ 1,0 1,1 "PXOM A BAÑA - ESTUDO MEDIO RURAL" (PDF).