Vesía, A Baña, A Baña

lugar da parroquia da Baña, no concello da Baña

Vesía é un lugar da parroquia da Baña no concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Atópase na ladeira dun monte de pendente acusada descendente en dirección sueste.

Vesía
ParroquiaA Baña
ConcelloA Baña
Poboación33 hab. (2016)
editar datos en Wikidata ]

DemografíaEditar

Tiña 33 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 15 eran homes e 18 eran mulleres. No 2009 eran 45 habitantes: 19 homes e 26 mulleres.

Paisaxe[1]Editar

Núcleo non tradicional con dúas zonas: unha concentrada bastante tradicional e outra dispersa non tradicional. Na zona concentrada hai un predominio da casa rural de pedra, bastante deterioriada. Na zona dispersa predomina a casa nova e tipo chalé de grandes dimensións.

Existen 6 hórreos, a maioría en bo estado de conservación.

Atópanse pequenas hortas e froiteiras, pastos e milleirais, e piñeiros, carballos, castaños e eucaliptos.

Servizos urbanísticos[1]Editar

Servizo Tipo
Abastecemento de auga Traída e pozo de barrena
Saneamento Pozo negro
Electricidade Si (Aérea)
Iluminación pública Si
Telefonía Si
Recollida lixo Si
Transporte Si (Escolar)

Lugares e parroquiasEditar

Lugares da BañaEditar

Lugares da parroquia da Baña no concello da Baña (A Coruña)

A Cachopiña | Canlís | A Castiñeira | O Castro | Fampousa | Guende | Liñares | Meán | Paredes | Salvande | San Salvador | San Vicenzo | Señor | Vesía | Vilariño | Vilarnovo | Xasoso

Parroquias da BañaEditar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Baña

A Baña (San Vicenzo) | Barcala (San Xoán) | O Barro (Santa Mariña) | Cabanas (San Miguel) | Corneira (San Cristovo) | A Ermida (San Salvador) | Fiopáns (San Pedro) | Lañas (Santa Baia) | Marcelle (Santa Cristina) | Ordoeste (Santa María) | A Riba (San Xoán) | San Cibrán de Barcala (San Cibrán) | Sanamede do Monte (San Mamede) | Suevos (San Mamede) | Troitosende (Santa María)

  1. 1,0 1,1 "PXOM A BAÑA - ESTUDO MEDIO RURAL" (PDF).