O Castro, A Baña, A Baña
O Castro é un lugar da parroquia da Baña no concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Sitúase nunha zona alta do monte de pendente acusada descendente dirección norte. Linda ao norte con Salvande.
O Castro | |
---|---|
Parroquia | A Baña |
Concello | A Baña |
Coordenadas | 42°57′08″N 8°45′51″O / 42.9522, -8.7643 |
Poboación | 17 hab. (2016) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Neste lugar están a igrexa parroquial, os dous cemiterios existentes na parroquia e un cruceiro. Neste lugar aínda se pode ver o recinto circular do castro de maiores dimensións do concello, castro a día de hoxe cuberto de eucaliptos, piñeiros e vexetación.
Demografía
editarTiña 17 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 7 eran homes e 10 eran mulleres. No 2009 eran 20 habitantes: 11 homes e 9 mulleres.
Núcleo tradicional disperso que crece en torno á igrexa parroquial e ao longo da pista. Predominio da vivenda de tipo chalé de grandes dimensións sobre a tradicional de pedra.
Están catalogados 5 hórreos.
Presenza de pequenas hortas e froiteiras, ademais de milleiras e pastos. En zonas máis afastadas hai piñeiros, castaños, carballos e eucaliptos.
Servizos | Tipo |
---|---|
Abastecemento auga | Traída e pozo de barrena |
Saneamento | Pozo negro |
Electricidade | Si |
Iluminación pública | Si |
Telefonía | Si |
Recollida lixo | Si |
Transporte | Escolar |
Lugares e parroquias
editarLugares da Baña
editarLugares da parroquia da Baña no concello da Baña (A Coruña) | |
---|---|
A Cachopiña | Canlís | A Castiñeira | O Castro | Fampousa | Guende | Liñares | Meán | Paredes | Salvande | San Salvador | San Vicenzo | Señor | Vesía | Vilariño | Vilarnovo | Xasoso |
Parroquias da Baña
editar- ↑ 1,0 1,1 "PXOM A BAÑA - ESTUDO MEDIO RURAL" (PDF).