Paredes, A Baña, A Baña

lugar da parroquia da Baña, no concello da Baña

Paredes é un lugar da parroquia da Baña no concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Sitúase na ladeira dun monte de pendente acusada.

Paredes
ParroquiaA Baña
ConcelloA Baña
Poboación28 hab. (2016)
editar datos en Wikidata ]

DemografíaEditar

Tiña 28 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 8 eran homes e 20 eran mulleres. No 2009 eran 44 habitantes: 16 homes e 28 mulleres.

Paisaxe[1]Editar

No conxunto de edificacións diferencianse dúas zonas: unha zona concentrada tradicional na que predomina a casa rural de pedra con numerosos anexos e outra dispersa non tradicional de vivenda nova e tipo chalé.

Son 7 os hórreos que están catalogados nesta aldea.

Os cultivos presentes son pequenas hortas e froiteiras nas zonas máis cerca das vivendas e pastos e milleiras nunha franxa máis afastada.

Servizos urbanísticos[1]Editar

Servizos Tipo
Abastecemento auga Traída
Saneamento Pozo negro
Electricidade Si
Iluminación pública Si
Telefonía Si
Recollida lixo Si
Transporte Público/Escolar

Lugares e parroquiasEditar

Lugares da BañaEditar

Lugares da parroquia da Baña no concello da Baña (A Coruña)

A Cachopiña | Canlís | A Castiñeira | O Castro | Fampousa | Guende | Liñares | Meán | Paredes | Salvande | San Salvador | San Vicenzo | Señor | Vesía | Vilariño | Vilarnovo | Xasoso

Parroquias da BañaEditar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Baña

A Baña (San Vicenzo) | Barcala (San Xoán) | O Barro (Santa Mariña) | Cabanas (San Miguel) | Corneira (San Cristovo) | A Ermida (San Salvador) | Fiopáns (San Pedro) | Lañas (Santa Baia) | Marcelle (Santa Cristina) | Ordoeste (Santa María) | A Riba (San Xoán) | San Cibrán de Barcala (San Cibrán) | Sanamede do Monte (San Mamede) | Suevos (San Mamede) | Troitosende (Santa María)

  1. 1,0 1,1 "PXOM A BAÑA- ESTUDO MEDIO RURAL" (PDF).