Guende, A Baña, A Baña

lugar da parroquia da Baña, no concello da Baña

Guende é un lugar da parroquia da Baña no concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Atópase na ladeira dun monte de pendente acusada. Linda ao sur con Xasoso.

Guende
ParroquiaA Baña
ConcelloA Baña
Coordenadas42°57′25″N 8°45′57″O / 42.9569, -8.7657
Poboación20 hab. (2016)
editar datos en Wikidata ]

Demografía

editar

Tiña 20 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 9 eran homes e 11 eran mulleres. No 2009 eran 22 persoas: 10 homes e 12 mulleres.

A tipoloxía da aldea é un núcleo concentrado, non tradicional, existindo unha alternancia de casas rurais de pedra con vivendas novas, ambas con numerosos anexos. Cara ó exterior do núcleo atópanse vivendas tipo "chalet".

Pódese encontrar alpendres de pedra, bloque ou ladrillo, de grandes dimensións para animais de granxa coma ovellas ou galiñas, para maquinaria agrícola, apeiros de labranza, almacén ou garaxe.

Existen 11 hórreos catalogados, algúns nun mal estado de conservación.

Existen pequenas hortas, árbores frutais e vides. Fóra do núcleo aparecen pastos e milleirais e xa máis lonxe piñeiros, eucaliptos e carballos.

Servizos urbanísticos[1]

editar
Servizo Tipo
Abastecemento de auga Traída e pozo de barrena
Saneamento Pozo negro
Electricidade Si (Aérea)
Iluminación pública Si
Telefonía Si
Recollida de lixo Si
Transporte Non

Lugares e parroquias

editar

Lugares da Baña

editar
Lugares da parroquia da Baña no concello da Baña (A Coruña)

A Cachopiña | Canlís | A Castiñeira | O Castro | Fampousa | Guende | Liñares | Meán | Paredes | Salvande | San Salvador | San Vicenzo | Señor | Vesía | Vilariño | Vilarnovo | Xasoso

Parroquias da Baña

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Baña

A Baña (San Vicenzo) | Barcala (San Xoán) | O Barro (Santa Mariña) | Cabanas (San Miguel) | Corneira (San Cristovo) | A Ermida (San Salvador) | Fiopáns (San Pedro) | Lañas (Santa Baia) | Marcelle (Santa Cristina) | Ordoeste (Santa María) | A Riba (San Xoán) | San Cibrán de Barcala (San Cibrán) | Sanamede do Monte (San Mamede) | Suevos (San Mamede) | Troitosende (Santa María)

  1. 1,0 1,1 "PXOM A BAÑA - Estudo do medio rural" (PDF).