Sautor en vexiloloxía e heráldica é a peza dos escudos e bandeiras en forma de aspa, composta por unha banda e unha barra cruzadas[1]. Denomínase comunmente Cruz de Santo André, xa que é unha cruz con dous ángulos agudos e dous ángulos obtusos que representa a cruz do martirio de Santo André Apóstolo, crucificado en Patras, capital da provincia de Acaia, en Grecia. Santo André foi amarrado a unha cruz a xeito de X e alí estivo a padecer por tres días, os que aproveitou para predicar e instruír no cristianismo aos que se achegaban.

Bandeira do concello de Nigrán (Pontevedra, Galiza), cunha cruz de Santo André.
Martirio de Santo André.

A cruz de Santo André representa a humildade e o sufrimento e en heráldica simboliza o caudillo invicto en combate. Unha variante da cruz de Santo André é a Cruz de Borgoña, de xeito que, hoxe en día moitas bandeiras americanas lembran no seu deseño a Cruz de Borgoña e o seu pasado español.

Aparece na bandeira naval de numerosas nacións. A franxa azul da bandeira de Galicia crese que podería ter orixe nunha variante da cruz de Santo André.

En bandeiras

editar

A cruz de Santo André na heráldica

editar
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sautor.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar