Reiquiavik

(Redirección desde «Reykjavík»)

Reiquiavik,[1][2][3] Reykjavik[4][5][6] ou Reikiavik[7] (en islandésReykjavík[ˈreiːkjaˌviːk] (AFI)Is-Reykjavík.oga escoitar, co significado de baía fumegante) é a capital de Islandia, sendo tamén a máis setentrional do mundo. Durante o inverno só recibe catro horas de luz solar e durante o verán as noites son tan claras coma o día. A cidade está situada ós 64° 04' de latitude norte, moi preto do círculo polar ártico, nunha zona onde abondan os géyseres. De acordo coa saga, a cidade está emprazada no sitio no que se instalou o primeiro colonizador, Ingólfur Arnarson. En 1786 o asentamento de 302 habitantes converteuse nun municipio e actualmente é a cidade máis poboada do país, con máis da metade da súa poboación.

Modelo:Xeografía políticaReiquiavik
Reykjavík (is) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 64°08′51″N 21°56′06″O / 64.1475, -21.935Coordenadas: 64°08′51″N 21°56′06″O / 64.1475, -21.935
País insularIslandia
RexiónHöfuðborgarsvæði
Município da Islândia (pt) TraducirReykjavíkurborg (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación139.875 (2023) Editar o valor em Wikidata (509,49 hab./km²)
Lingua oficiallingua islandesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie274.538.739 m² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Altitude8 m Editar o valor em Wikidata
Creación1786 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoDagur B. Eggertsson (en) Traducir (2014–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal101–155 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2IS-0 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Vilnius (2006–) Editar o valor em Wikidata

Sitio webreykjavik.is Editar o valor em Wikidata

Cidade totalmente libre de contaminación, cun fermoso lago na súa zona antiga, Reykjavík é un centro bulicioso de comercio e goberno, industria e cultura.

Alí atópanse as institucións gobernamentais, as librerías e os museos, a Universidade e institucións de investigación, as oficinas centrais de comunicación (radio, televisión e periódicos), os teatros profesionais e orquestras, as cortes de xustiza, piscinas ó aire libre e estadios de deportes, liñas marítimas, aéreas e compañías de transporte colectivo, factorías e plantas procesadoras de peixe.

Entre outros edificios están: o Parlamento (erixido en 1881) e a casa do Goberno (de mediados do século XVIII) ámbolos dous no centro vello de Reykjavík, entre o peirao e o lago.

Preto están a Biblioteca e o Teatro Nacional situadas xuntas detrás dunha estatua do primeiro colonizador. Na área universitaria están a Universidade e os seus hoteis de estudantes, o Museo Nacional e a Casa Nórdica (deseñada polo famoso arquitecto finés Alvar Aalto). Hai abondosas igrexas antigas e novas, entre a vella Catedral preto do Parlamento e a altísima nova Hallgrímskirkja. O Museo Folclórico de Arbaer, nun dos suburbios de leste, mostra vellas casas de Reykjavík reconstruídas no seu estilo orixinal, como así tamén unha igrexa rural tradicional e unha granxa, ámbalas dúas con teitos de turba e pasto.

Un dos mellores ríos de salmóns corre xusto a través do sector leste da capital.

Xeografía editar

Reykjavík está situada sobre a marxe suroeste de Islandia, na ribeira Faxaflói da península Seltjarnarnes[8]. A área costeira de Reykjavík caracterízase pola presenza de penínsulas, enseadas, estreitos e pequenas illas. A maior parte da cidade de Reykjavík está situada sobre a península Seltjarnarnes, pero os suburbios esténdense ó sur e leste da península.

Reykjavík é unha cidade dispersa; a maior parte da área urbana presentase na forma de suburbios de baixa densidade e as casas, polo xeral, atópanse a distancias espazadas.

As veciñanzas residenciais exteriores están máis espazados e entre elas corren as principais arterias do tráfico e hai moitos espazos baleiros con pequeno valor recreativo ou estético.

Foron as xeracións máis novas as que contribuíron a este tipo de urbanismo. O maior río que atravesa Reykjavík é o río Elliðaár, o cal non é navegábel. A montaña máis alta nas veciñanzas de Reykjavík é Monte Esja, cuns 914 metros de altitude.

Clima editar

A pesar da súa localización no atlántico norte, Reykjavík non é tan fría como cabería agardar. As temperaturas medias no inverno acadan resultados semellantes a cidades como Toronto ou Nova York. Estas temperaturas son debidas á morna Corrente do Golfo, Reykjavík ten unha temperatura media anual de 5 °C, sendo a temperatura media en xaneiro de –0.4 °C e en xullo 11,2 °C. A localización costeira da cidade fai que esta sexa ventosa, sendo comúns os vendavais no inverno. Reykjavík tamén é unha cidade húmida, tendo unha media de 213 días de chuvia.

Mes Xan Feb Mar Abr Maio Xuño Xul Agost Set Out Nov Dec Ano
Media alta 2 °C (36 °F) 2.5 °C (37 °F) 4 °C (39 °F) 6 °C (43 °F) 10 °C (50 °F) 12 °C (54 °F) 14 °C (57 °F) 14 °C (57 °F) 11 °C (52 °F) 7 °C (45 °F) 4 °C (45 °F) 2 °C (36 °F) 7.4°C (45°F)
Media baixa -2 °C (28 °F) -2 °C (28 °F) -1 °C (30 °F) 1 °C (34 °F) 4 °C (39 °F) 7 °C (45 °F) 9 °C (48 °F) 8 °C (46 °F) 6 °C (43 °F) 3 °C (37 °F) 0 °C (32 °F) -1 °C (30 °F) 2.7°C (36.9°F)
Total chuvia 89mm 64mm 62mm 56mm 42mm 42mm 50mm 56mm 67mm 94mm 78mm 79mm 779mm

Historia editar

 
Pintura de Ingólfur Arnarson no momento no que se establece o asentamento.

Orixe do asentamento editar

Crese que o primeiro asentamento de noruegueses sucedeu na zona de Reykjavík liderado por Ingólfur Arnarson para o ano 870 DC. Isto está rexistrado no Landnámabók (Libro do Asentamento). Debido ós vapores das fontes termais, a cidade recibiu o nome Reykjavík, que en islandés significa "Baía fumeante".

Industrialización editar

Reykjavík non é mencionada en ningunha fonte medieval senón coma unha terra rural, porén, para o século XVIII deu comezo á industrialización e polo tanto, ó crecemento urbano. Os gobernantes de Dinamarca apoiaron ideas dunha industria doméstica en Islandia que axudaría a traé-lo progreso tan esperado á illa. En 1752 o Rei de Dinamarca doou o estado de Reykjavík á Corporación Innréttingar; o nome vén do danés (indretninger) e significa emprendedor.

Na década de 1750 construíronse varias casas para albergaren algodón, industria que foi o maior empregador en Reykjavík e a razón da súa existencia por varias décadas.

Outras manufacturas de Innréttingar eran: a pesca, a extracción do xofre, agricultura e construción de barcos.

Movementos do comercio editar

En 1786 a Corona Danesa aboliu o seu monopolio comercial e concedeu a seis comunidades arredor da cidade unha ruta de comercio exclusiva, Reykjavík era unha desas comunidades e a única en manter esa comunicación permanentemente. 1786 é considerado o ano da fundación de Reykjavík, en 1986 cumpriu os seus 200 anos. Porén, os dereitos comerciais aínda estaban limitados ós asuntos da Coroa Danesa e á medida que os comerciantes daneses dominaron o comercio islandés, os seus negocios expandíronse. Despois de 1880, o libre comercio *enfetou a expandirse a tódolos países e a influencia dos mercantes islandeses comezou a medrar.

Declaración de Capital de Islandia editar

O movemento nacionalista gañou moita influencia durante o século XIX, e as ideas sobre a independencia de Islandia comezaron a estenderse. Como Reykjavík era a única cidade de Islandia, converteuse no punto de concentración desas ideas. Os partidarios do movemento independentista sabían que Reykjavík debía ser forte para lograr ese obxectivo. Os anos máis importantes da loita pro-independencia foron moi importantes para a cidade. No ano 1845, o Alþingi, a Asemblea Xeral que os islandeses crearon en 930 foi reaberto esta vez en Reykjavík, despois de terse suspendido varias décadas atrás en Þingvellir, a súa situación orixinal. Naquel intre Alþingi cumpría as funcións dunha Asemblea Consultiva, que suxestionaba ó Rei as accións a tomar respecto a diferentes temas do país. A situación do Alþingi en Reykjavík fixo que a cidade se convertera efectivamente na capital de Islandia.

En 1874 Islandia tivo a súa primeira constitución e con ela o Alþingi obtivo algúns poderes lexislativos limitados e en esencia converteuse na institución de hoxe en día. O paso seguinte era o de pasá-lo poder executivo a Islandia, e iso acadouse grazas á Casa de Goberno en 1904 cando se estableceu a oficina do Primeiro Ministro en Reykjavík. O maior paso á independencia foi dado o 1 de decembro de 1918 cando o país se converteu nun estado soberano da Coroa de Dinamarca.

Ocupación e creación da República editar

Nas décadas de 1920 e 1930 comezou a salientar unha crecente industria pesqueira en Reykjavík, sendo o bacallau o principal produto. Porén, para finais de 1929 a Gran Depresión golpeou á cidade coa desocupación e conflitos gremiais, dos cales moitos remataron en violencia.

Na mañá do 10 de maio de 1940, catro acoirazados de guerra chegaron a Reykjavík e ancoraron no peirao levando tranquilidade á poboación, xa que eran británicos e non alemáns. En poucas horas, a ocupación aliada completouse sen escalada de violencia. O goberno islandés recibiu de parte do goberno británico o pedido para a ocupación, pero esta sempre foi declinada, en base á política neutral adoptada polo país. Nos seguintes anos que quedaban da segunda guerra mundial, os soldados británicos e posteriormente estadounidenses construíron bases en Reykjavík. O número de soldados estranxeiros en Reykjavík era equivalente á poboación actual da cidade.

Os efectos económicos da ocupación foron moi positivos para a cidade cando desapareceron os efectos da Gran Depresión e a demanda aumentou coma nunca antes. Os británicos construíron o aeroporto de Reykjavík, que aínda opera, e os estadounidenses construíron o Aeroporto Internacional de Keflavík, a uns 50 km. da capital.

O 17 de xuño de 1944 fundouse a República de Islandia, e un presidente elixido polo voto popular asumiu as funcións do monarca danés.

 
Vista aérea da cidade en 1974.

Crecemento da Posguerra editar

Nos anos de posguerra, o crecemento de Reykjavík fortaleceuse. Un éxodo de campesiños empezou a poboa-la cidade principalmente debido ás melloras na tecnoloxía da agricultura que reduciu a forza laboral daquel sector e debido á explosión demográfica provocada polas mellores condicións de vida en Islandia. O grupo de migración a Reykjavík estaba formado, principalmente, por xente nova que chega á cidade para alcanza-lo "Soño de Reykjavík" e co tempo a capital converteuse na cidade dos nenos. A planificación urbana modificouse de maneira moi notable coa construción de complexos habitacionais nas zonas dos suburbios.

En 1972, Reykjavík foi sede do campionato mundial de xadrez entre Bobby Fischer e Boris Spassky.

Décadas dos 80 e 90 ata o século XXI editar

Nas derradeiras dúas décadas, Reykjavík converteuse nun centro importante da comunidade global. En 1986 foi sede do cumio entre Ronald Reagan e Mikhail Gorbachov, remarcando o novo status político de Reykjavík. A desregulación do sector financeiro e a revolución informática contribuíron a unha nova transformación de Reykjavík. O sector financeiro e a tecnoloxía da información son os principais empregadores da cidade.

Reykjavík tamén contribuíu á cultura con famosas personalidades como a cantante Björk e maila banda de rock Sigur Rós.

Demografía editar

A poboación de Reykjavík en 2007 era de 117 721; 58 762 homes e 58 959 mulleres. No censo de 2023, sumaban 139 875.[9] A poboación combinada da área metropolitana de Reykjavík en 2007 era de case 250 000 habitantes. A área metropolitana de Reykjavík está formada por seis municipalidades que, segundo o censo de 2023, a 1 de xaneiro contaban:[9]:

Evolución demográfica editar

Evolución demográfica
1801 1860 1901 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1980
600 1 450 6 321 17 450 28 052 38 308 55 980 72 407 81 690 83 766
1985 1990 1995 2003 2005 2006 2007 2017 2021 2023
89 868 97 569 104 258 113 387 114 800 115 420 117 099 124 800 133 262 139 875

Administración editar

De acordo coa Lei 45/1998 a cidade é gobernada polo alcalde, elixido democraticamente polos cidadáns maiores de 18 anos por un prazo de catro anos.[10] O Consello Municipal está formado por 15 membros encargados de administrar os diferentes campos da cidade baixo o mandato do alcalde.

Transporte editar

 
Autobús público da cidade, coñecido como Strætó bs.

Terrestre editar

Islandia ten unha das taxas de automóbiles per cápita máis altas do mundo, 522 por cada mil habitantes. Malia isto, a cidade non ten problemas graves de conxestión do tráfico, xa que os distintos barrios e suburbios da cidade están conectados por amplas estradas de varios carrís.

Existe tamén unha rede de autobuses públicos, os Strætó bs.

Marítimo editar

A cidade posúe dous portos de mar:

Aéreo editar

O Aeroporto de Reiquiavik (RKV), situado dentro da cidade, ofrece voos nacionais, mais tamén a Groenlandia e ás Illas Feroe, así como voos chárter. O principal aeroporto da cidade e do país é o Aeroporto Internacional de Keflavík (KEF), a 50 km da capital, con voos a cidades de Europa e de América do Norte.

Educación editar

Os centros de ensino superior da cidade son:

Nome do centro Fundación Nome en islandés Tipo
Universidade de Islandia 1911 Háskóli Íslands Pública
Universidade de Reiquiavik 1998 Háskólinn í Reykjavík Privada
Academia de Artes de Islandia 1998 Listaháskóli Íslands Privada

Xeografía urbana editar

 
Mapa administrativo de Reiquiavik.
Barrio 1 – Vesturbær
Gamli Vesturbærinn, Bráðræðisholt, Grandar, Hagar, Melar, Skjól, Grímsstaðaholt, Skildinganes e Litli Skerjafjörður.
Barrio 2 – Miðborg
Tjarnarbrekka, Víkin, Arnarhóll, Skuggahverfi, Laufás, Spítalahlíð, Þingholt, Ásgarður, e Tungan.
Barrio 3 – Hlíðar
Norðurmýri, Hlíðar, Hlemmur, Holt, Suðurhlíðar, Öskjuhlíð e Nauthólsvík.
Barrio 4 – Laugardalur
Tún, Teigar, Lækir, Laugarnes, Sund, Heimar, Langholt, Vogar, Skeifan e Fen.
Barrio 5 – Háaleiti
Háaleiti, Múlar, Kringlan, Bústaðir, Fossvogur, Smáíbúðahverfi e Blesugróf.
Barrio 6 – Breiðholt
Hólar, Fell, Berg, Sel, Skógar, Bakkar, Stekkir e Mjódd.
Barrio 7 – Árbæjarhverfi
Selás, Árbær, Ártúnsholt, Bæjarháls, Norðlingaholt e Grafarholt.
Barrio 8 – Grafarvogur
Hamrar, Foldir, Hús, Rimar, Borgir, Víkur, Engi, Spöng, Staðir, Höfðar, Bryggjuhverfi, Geirsnef, Gufunes e Geldinganes.
Barrio 9 – Kjalarnes
Kjalarnes e Álfsnes.
Barrio 10 – Úlfarsfell

Cidades irmás editar

Reykjavík está irmandada coas seguintes cidades:

Notas editar

  1. Reiquiavik en Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1775. 
  2. Reiquiavik en Sanmartín, G. (coord.) et al. (2012) Criterios para o uso da lingua UDC. ISBN 978-84-9749-504-2.
  3. Reiquiavik en Rodríguez, Anaír e Davila, Montserrat (2004) Lingua galega: dúbidas lingüísticas Arquivado 21 de xuño de 2012 en Wayback Machine. UVIGO. ISBN 84-8158-266-2.
  4. Reykjavik en Diccionario enciclopédico galego universal 52. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 122. ISBN 84-7680-429-6. 
  5. Reykjavik en Enciclopedia Galega Universal 14. Ir Indo. 1999-2002. p. 431. ISBN 84-7680-288-9. 
  6. Reykjavik en Santa María, I. e Massó, N. (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. p. 140 A1, 161 I3. ISBN 978-84-8289-328-0. 
  7. Reikiavik en Faginas, Sandra; et al. (2002). "galego-topónimos". Libro de estilo de La Voz de Galicia (PDF) (1ª ed.). pp. 174–186. ISBN 84-9757-065-0. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de novembro de 2016. Consultado o 13 de novembro de 2016. 
  8. "Cloud-free Iceland". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-08-29. 
  9. 9,0 9,1 "All Urban Settlements (Iceland): Urban Localities in Municipalities". www.citypopulation.de (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2023. 
  10. "1998 nr. 45 3. júní/ Sveitarstjórnarlög". althingi.is (en islandés). 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
  Weimar
 
Capital Europea da cultura
xunto con   Aviñón
  Santiago de Compostela
  Bergen
  Boloña
  Bruxelas
  Cracovia
  Helsinqui
  Praga

2000
Sucesor:
  Rotterdam
  Porto