Mikhail Gorbachev

Secretario Xeral do Partido Comunista da Unión Soviética
(Redirección desde «Mikhail Gorbachov»)

Mikhail Sergeevich Gorbachev (en ruso: Михаил Сергеевич Горбачёв), nado en Privolnoe o 2 de marzo de 1931 e finado en Moscova o 30 de agosto de 2022[1], foi un político ruso que foi o Secretario Xeral do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) desde 1985 ata 1989 e Presidente Executivo da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas de 1989 a 1991.

Mikhail Gorbachev
Datos persoais
Nacemento2 de marzo de 1931
 Privol'noe
Falecemento30 de agosto de 2022
 Central Clinical Hospital e Moscova
OrganizaciónPartido Comunista da Unión Soviética, Partido Socialdemócrata de Rusia
CónxuxeRaíssa Gorbachova
FillosIrina Virganskaya
Alma máterMoscow State University, Faculty of Law, Stavropol State Agrarian University e Universidade Estatal de Moscova
ProfesiónPolítico, avogado e escritor
Relixiónateísmo
Na rede
http://www.gorby.ru
IMDB: nm0329784 Allocine: 37163 Allmovie: p208691
Twitter: mgorbachev Musicbrainz: 4cf28e5c-a148-42d3-802f-d0f6f4033086 WikiTree: Gorbachev-2 Find a Grave: 243112837 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Naceu o 2 de marzo de 1931 (outras fontes[quen?] afirman que naceu en 1935) en Privolnoe, Rusia, no seo dunha familia campesiña. En 1952 ingresou ao Partido Comunista e tres anos despois contraeu matrimonio con Raisa Maksimovna Titorenko, con quen tería unha filla, Irina. Ese mesmo ano obtivo o título de avogado na Universidade de Moscova. En 1978 foi elixido Secretario de Agricultura no Comité Central do Partido Comunista e dous anos despois converteuse no membro máis novo do Politburó.

Trala inesperada morte de Konstantín Chernenko, en abril de 1985, Gorbachev foi elixido Secretario Xeral do Partido Comunista da URSS e polo tanto, o gobernante de facto da Unión Soviética. Trala reorganización do partido e do sistema electoral, foi elixido xefe de Estado (1989) e primeiro Presidente da URSS polo Congreso (1990). As súas reformas estruturais á vida política e económica da URSS, coñecidas polos seus nomes rusos Glásnost e Perestroika, minaron o monopolio exercido polo comunismo nos países do leste e puxeron fin á guerra fría.

En marzo de 1991 convocouse a un referendo na Unión Soviética, o 78% da poboación dixo si ao mantemento da URSS. En agosto dese ano foi destituído por un grupo de altos cargos do PCUS e do Goberno que buscaban deixar sen efecto o Acordo de Belovezhie, que disolvía de facto a URSS ao separarse Ucraína, Rusia e Belarús. Foi retido durante tres días na súa residencia de verán en Forós (Crimea), pero puido reasumir as súas funcións tralo fracaso do golpe de Estado. Modificou a lexislación que permitía o monopolio político exclusivo do PCUS e decretou a nulidade da anexión das Repúblicas bálticas, dando deste modo vía libre para a súa independencia.

 
Gorbachev e Ronald Reagan.

Debilitado polos ataques do presidente da Federación rusa, Boris Eltsin e tras un van intento de que as Repúblicas restantes asinasen o Tratado da Unión, decidiu renunciar como Secretario Xeral do Partido Comunista e disolver o Comité Central. O Nadal dese mesmo ano disolveu oficialmente a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas e renunciou como Presidente Executivo trala negativa dos presidentes das Repúblicas da Comunidade de Estados Independentes (CEI) a recoñecer os órganos do poder central.

Mikhail Gorbachev recibiu o Premio Nobel da Paz en 1990, pola súa contribución á distensión mundial.

Dende 1992 Mikhail Gorbachev dirixe a fundación que leva o seu nome e que ten filiais en países como os EUA, Suíza, Rusia ou Italia. Participou nalgunhas eleccións rusas, obtendo pobres resultados, e foi[cando?] o presidente do Partido Socialdemócrata de Rusia.

Conto da orixe galega Editar

Nos anos oitenta, un artigo escrito polo profesor de Carballeda de Valdeorras Tomás Terrón, en La Región, especulaba coa idea de que Gorbachev fose de antergos galegos[2]. Segundo el, uns investigadores (que non nomea) atoparan que o avó de Gorbachev fora un emigrante valdeorrés, Antón Corbacho, que pasara a través de Europa Central ata a Rusia tsarista, e que alí batera coa Revolución de 1917. O fillo, Manuel, estudara sendo este investigador, no seminario de Tbilisi e fora o pai do dirixente soviético. En paralelo, o suposto autor bilbaíno Gabriel Carrete, sinalaba en declaracións á prensa galega[3] que "é evidente que algunhas xentes de nome Gorb son de procedencia galega", en apoio da tese de Terrón. Non hai ningunha fonte, de ningún tipo, que sosteña este conto.

Obras selectas Editar

  • Perestroika, 1988.
  • The August Coup: The Truth and the Lessons, 1991.
  • Memorias, 1996.

Notas Editar

  1. "Falece Gorbachov, o derradeiro mandatario da Unión Soviética". Nós Diario. 30 de agosto de 2022. 
  2. Terrón Mendaña, [Tomás] (14/08/1986). "Sensacional descubrimiento: Gorbachov puede ser gallego". La Región (Ourense): 11. 
  3. "Viaja a Galicia para demostrar el origen gallego de Gorbachov". La Región. 24/08/1986. 

Véxase tamén Editar

Outros artigos Editar

Ligazóns externas Editar