Andrei Gromiko
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Andrei Gromyko, nado en Starye Gromiki (Belarús) o 18 de xullo de 1909 e finado en Moscova o 2 de xullo de 1989, foi un político e diplomático soviético, ministro de asuntos exteriores da URSS durante máis de 25 anos, e despois presidente do præsidium do Soviet Supremo.
Traxectoria
editarEn 1939 entrou no comisariado do pobo para asuntos estranxeiros como xefe do departamento de América. Enseguida comeza a ascender chanzos chegando a ser conselleiro na embaixada da URSS nos Estados Unidos de 1939 a 1943, despois embaixador nese mesmo estado de 1943 a 1946. Participou na maior parte das conferencias internacionais da época (Dumbarton Oaks, Ialta, Potsdam, Helsinqui etc.). De 1944 a 1975, salienta coma hábil negociador e proba que ten un grande talento para defender a política estranxeira do seu estado.
En 1946, pasa a ser embaixador da URSS no Consello de seguridade da ONU. Pasa a ser membro do comité central do partido comunista en 1956 e entra no Politburo en 1973. En 1983, é o primeiro vice-presidente que despois será designado presidente do praesidium do Soviet Supremo en 1985. Debe dimitir deste posto, e foi excluído do Politburo en 1988, porque representaba a facción conservadora do partido comunista.
Está soterrado no camposanto de Novodevitchi en Moscova.