Conferencia de Potsdam

A conferencia de Potsdam foi unha reunión levada a cabo en Potsdam, Alemaña (preto de Berlín) entre o 17 de xullo e o 2 de agosto de 1945 e que tivo lugar no Palacio Cecilienhof. Os participantes foron a Unión Soviética, o Reino Unido e os Estados Unidos, os máis poderosos dos aliados que derrotaron ás potencias do Eixe na segunda guerra mundial. Os xefes de goberno destas tres nacións eran o secretario xeral do Partido Comunista da Unión Soviética, Iosif Stalin, o primeiro ministro Winston Churchill[1] (posteriormente Clement Attlee)[2] e o presidente Harry S. Truman, respectivamente.

Foto de grupo tras a conferencia: Clement Attlee, Viacheslav Mólotov, Harry S. Truman, James F. Byrnes, Ernest Bevin, William D. Leahy e Iosif Stalin.
Winston Churchill, Harry S. Truman e Iosif Stalin, os líderes dos países vencedores, na Conferencia.

Stalin, Churchill e Truman (así como Clement Attlee, que sucedeu a Churchill tras gañar as eleccións de 1945) acordaran decidir como administrarían Alemaña, que se rendera incondicionalmente nove semanas antes, o 8 de maio. Os obxectivos da conferencia tamén incluían o establecemento dunha orde de posguerra, asuntos relacionados con tratados de paz e o estudo dos efectos da guerra.

Acordos da conferencia editar

 
Vellas e novas fronteiras polacas.
  • Devolución de todos os territorios europeos anexionados pola Alemaña nazi desde 1937 e a separación de Austria.
  • Obxectivos durante a ocupación aliada de Alemaña: desmilitarización, desnazificación, democratización e descuartelización.
  • O acordo de Potsdam, que establecía a división de Alemaña e Austria en catro zonas de ocupación (xa acordada na conferencia de Ialta), e unha división similar de Berlín e Viena.
  • Persecución dos criminais de guerra nazis.
  • O establecemento temporal da liña Oder-Neisse, que sería a fronteira do territorio administrado polo goberno de Polonia. (A fronteira final entre Alemaña e Polonia fora discutida nunha conferencia de paz final).
  • O reasentamento de «forma humana e ordenada» das minorías alemás de «Polonia, Hungría e Checoslovaquia» dentro das novas fronteiras establecidas para Alemaña e Austria.
  • Acordo para a reconstrución. Os aliados estimaron as súas perdas en 200 mil millóns de dólares. Alemaña foi obrigada a pagar unicamente 20 mil millóns en produtos industriais e man de obra. Non obstante, a guerra fría evitou que se pagara esta débeda.
  • A declaración de Potsdam, que subliñou os termos da rendición para Xapón.
  • O resto dos asuntos debían tratarse nunha conferencia de paz final tan pronto como fora posible.
  • Stalin inicialmente quería a ruptura de toda relación co goberno de Franco. Eventualmente chegouse ao acordo de que os Estados Unidos, a URSS e Inglaterra se opuxeran á entrada de España na Organización de Nacións Unidas.
  • Isto levaría máis tarde a un mundo bipolar na guerra fría, onde por primeira vez o comunismo e as democracias occidentais se separaran dunha forma física.
  • Ultimato ao Xapón que debía renderse sen condicións.

Notas editar

  1. "Potsdam Conference", Encyclopaedia Britannica. Consultado o 13 de abril de 2012.
  2. BBC Fact File: Potsdam Conference Arquivado 29 de xuño de 2012 en Archive.is. Consultado o 13 de abril de 2012.

Véxase tamén editar