Boris Spassky
- Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.
Boris Vasilievich Spassky, nado en San Petersburgo o 30 de xaneiro de 1937, foi un xadrecista ruso. Proclamouse 10º Campión do Mundo de Xadrez en 1969 ao derrotar ao tamén soviético Tigran Petrosian.
Boris Spassky | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 30 de xaneiro de 1937 |
Lugar de nacemento | San Petersburgo ![]() |
Nacionalidade | Rusa ![]() |
Ocupación | Xogador de xadrez |
Premios | Chess Oscar, world chess champion, Chess Oscar, Orde da Insignia de Honra, Medal "For Labour Valour", Mestre Honorário de Desportos da União Soviética e Russian Federation Presidential Certificate of Honour |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Máis que pola súa contribución ao desenvolvemento do xadrez, é coñecido por ser o xogador ao que bateu o estadounidense Robert J. Fischer no match disputado en Reiquiavik (Islandia) en 1972, ao cal denominouse match do século. Celebrouse en plena guerra fría e foi todo un símbolo do enfrontamento entre as dúas superpotencias. Ata ese momento, Fischer non gañara a Spassky, que ademais preparou o campionato con Efim Geller, o cal tamén superara a Fischer no pasado. Pero o estadounidense gañou con contundencia mediante unha serie de saídas sorprendentes, que buscaban tirar por terra a preparación de Spassky.
Máis tarde, participou en varios ciclos clasificatorios para o título mundial. En 1975 foi eliminado en semifinais por Anatoli Karpov, futuro campión do mundo. En 1978 chegou ata a final, onde foi derrotado por Viktor Korchnoi.
En 1992 xogou un match de desquite contra Bobby Fischer, onde volveu ser derrotado. Neste último match, o nivel dos contendentes distaba moito do que lles encumbrou no mundo do xadrez, pero creou unha grande expectación, xa que supuña o regreso de Bobby Fischer aos taboleiros logo de 20 anos de ausencia.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Boris Spassky en ChessGames.com (en inglés)
- 60 posicións críticas das súas partidas (en inglés)
- All Boris Spassky Games (en inglés)
- Boris Spassky, desde Rusia con amor(en castelán)
Anterior: Tigran Petrosian |
Campión do mundo de Xadrez 1969–1972 |
Siguiente: Bobby Fischer |
Este artigo sobre xadrez é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |