Ingólfur Arnarson
Ingólfur Arnarson, nado en 849 e finado en 910 en Reiquiavik, considérase o primeiro colono nórdico de Islandia. Porén, non foi o primeiro escandinavo en visitar a illa, e vivir nela. O primeiro foi o viquingo sueco Gardar Svavarsson, quen permaneceu durante un inverno na que agora é a localidade de Húsavík.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 844 ↔ 849 Rivedal (en) |
Morte | 903 ↔ 910 (61/62 anos) Islândia (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino da Noruega (872-1397) (pt) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Islândia (pt) |
Ocupación | explorador , Goði (pt) |
Lingua | Nórdico Antigo Ocidental (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Hallveig Fróðadóttir |
Fillos | Þorsteinn Ingólfsson (en) |
Traxectoria
editarEn 874, Ingólfur estableceu a súa residencia en Reiquiavik, o que supuxo o comezo da colonización da illa, a cal durou ata o ano 930. A lenda narra que ao achegarse a terra descoñecida, Ingólfur ordenou guinda-lo mastro principal da súa embarcación ao mar. A súa intención era establecer o asentamento alí onde fose parar o mastro. Dese xeito, naceu a actual capital da Islandia, Reiquiavik.