Alvar Aalto

arquitecto e deseñador finlandés

Hugo Alvar Henrik Aalto, nado en Kuortane o 3 de febreiro de 1898 e finado en Helsinqui o 11 de maio de 1976[1], foi un arquitecto e deseñador finlandés.

Alvar Aalto
Alvar Aalto
Nacemento3 de febreiro de 1898
 Kuortane, Finlandia.
Falecemento11 de maio de 1976 (78 anos)
 Helsinqui.
EstiloMovemento Moderno
Obras destacadasSanatorio de Paimio
Biblioteca de Viipuri
Vila Mairea en Noormarkku
Casa do concello de Säynätsalo
PremiosMedalla de Ouro do RIBA en 1957
Medalla de Ouro do AIA en 1963.
Cónxuxe(s)Aino Aalto e Elissa Mäkiniemi
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo dun enxeñeiro agrícola. Estudou arquitectura na Universidade Tecnolóxica de Helsinqui (1916-1921). Abriu o seu primeiro estudio en 1923 en Jyväskylä. En 1924 casou coa tamén arquitecta Aino Marsio. A viaxe de vodas a Italia supuxo o encontro coa cultura mediterránea que tanta influencia tería na súa obra. En 1927 trasladouse a Turku onde construíu a sede do xornal que converte no seu manifesto arquitectónico. Posteriormente fixou a súa residencia en Helsinqui.

En 1940 trasladouse ós Estados Unidos, onde foi profesor de arquitectura no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT). No 1950 volveu a Finlandia, despois da morte da súa muller.

Aalto tamén deseñou mobles e cristais. Defensor do funcionalismo e da arquitectura orgánica. Os seus edificios intégranse harmoniosamente na paisaxe, co que forman un todo arquitectónico, a madeira e o ladrillo foron os materiais preferidos. Deseñou 200 proxectos dos que a metade foron realizados.

O Museo finlandés de Arquitectura e a Asociación Finlandesa de Arquitectos (SAFA) estableceu en 1967 o Premio Alvar Aalto na súa honra.

 
Alvar Aalto nun selo publicado en 1976.

Obras destacadas editar

 
Auditorio da Univesidade Tecnolóxica de Helsinqui.
 
Igrexa de Seinäjoki 1960.

Arquitectura editar

Obxectos e mobiliario editar

 
Cadeira deseñada por Alvar Aalto.
  • Banqueta Y-leg Stool, producido por Artek (1946-1947).
  • Banqueta Model No. 60 y 69, porducido por Artek (1932-1933).
  • Hamaca Model No. 43 e cadeira Model No. 406, producido por Artek (1936).
  • Cadeira "Paimio" o Model No. 41, producido por Artek (1930-1931).
  • Cadeira Model No. 31, producido por Artek (1931-1932.

Premios editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar