Ramiro Isla Couto

empresario e dinamizador cultural da emigración galega
(Redirección desde «Ramiro Illa Couto»)

Ramiro Isla Couto, nado en Arnois (A Estrada) o 8 de marzo de 1896 e finado en Vigo o 5 de decembro de 1987, foi un empresario e dinamizador cultural da emigración galega.

Infotaula de personaRamiro Isla Couto

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1896 Editar o valor en Wikidata
Arnois, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de decembro de 1987 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeChita Lamas Barreiro
IrmánsXaime Isla Couto Editar o valor en Wikidata
Premios

Traxectoria

editar

Emigrou en 1911 a Buenos Aires, onde estudou na Escola de Comercio, e traballou cun tío seu en diversos negocios. Nesa primeira mocidade na Arxentina ingresou na Asociación Cultural Terra, de ideario galeguista.

En 1919 regresou a España, onde participou na Guerra Hispano-marroquí. Neses anos trabou contacto con outros mozos esquerdistas e galeguistas, como Xaime Quintanilla Martínez e Luís Porteiro Garea. Ingresou na Irmandade Nazonalista Galega de Vicente Risco e nas Irmandades da Fala, e en 1923 volveu a Buenos Aires. Alí fundou con Eduardo Blanco Amor a revista Terra, a primeira publicación integramente en galego da emigración. Na Arxentina converteuse en dinamizador cultural do galeguismo, creando asociacións, colaborando en Céltiga e no periódico A Fouce, e recadando fondos para o Seminario de Estudos Galegos. Tamén en Buenos Aires coñeceu a Manuel Antonio, que paraba no porto bonaerense na súa navegación.

 
Integrantes e colaboradores de Terra.

En 1931 regresou a Galicia e nese mesmo ano participou na fundación do Partido Galeguista, onde ocupou unha cadeira no seu Consello Nacional en representación da emigración. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 colleuno en Verín: foi detido o 29 de decembro e encarcerado primeiro na vila do Támega,[1] o 27 de marzo de 1937 foi trasladado a Vigo e posto en liberdade sen cargos o 2 de abril.

Pasou ao Porto e con Ramón Obella Vidal, e en contacto con Rodolfo Prada e os nacionalistas galegos da Arxentina, mantiveron unha rede de evasión dende mediados de 1937 até finais de 1938 empregando como pantalla o Instituto bioquímico Miguel Servet, que permitiu a moitos republicanos galegos fuxir de Galicia e pasar ao bando leal.[2]

Exiliouse a Francia, onde actuou como delegado das Sociedades Hispanas Confederadas, e máis tarde a Cuba e a México, arrivando a Veracruz o 19 de outubro de 1939 no buque Colonial.[3] Nese país fundou con Carlos Velo e Arturo Souto a revista Saudade, e despois marchou a Venezuela, Colombia e de novo Venezuela. A partir de 1956 volveu definitivamente a Galicia, onde se dedicou a distintas tarefas de recuperación cultural no grupo Galaxia, con xente como o seu irmán Xaime Isla Couto ou Ramón Piñeiro.

  • A semente caía en terra propicia: cartas ao meu benquerido irmán Xaime (2022). Fundación Isla Couto. 208 páxs.[4]

Recoñecementos

editar

Recibiu a Medalla Castelao en 1986.

Vida persoal

editar

Casou en Buenos Aires con Inmaculada Concepción (Chita) Lamas Barreiro, filla do agrarista Francisco Lamas Salgado e irmá do pintor Francisco Lamas Barreiro, o 20 de abril de 1929.[5][6]

  1. Acto conmovedor en la prisión de esta villa Arquivado 31 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine., La Región, 4 de febreiro de 1937
  2. As redes de fuga da Galiza franquista promovidas polos nacionalistas
  3. Ficha no Departamento de Migración de México
  4. Carolo Tosar, Rocío (A forza da semente: unha pedagoxía epistolar). "Lembranzas dun galeguista histórico". Grial LXI (237): 99–100. ISSN 0017-4181. 
  5. Céltiga, 104, 25-4-1929, p. 15.
  6. Pastoriza Rozas, X. L. (2016). "Ramiro Isla Couto: pioneiro do nacionalismo alén mar". Repensando Galicia: As Irmandades da Fala (1916-1931). Comunicacións e ponencias. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar